Seguimos avanzando no noso proxecto de centro, “Na beira do mar“, a través de diferentes actividades. Estes días, o noso hall transformouse nun pequeno museo grazas á exposición filatélica sobre faros, cedida xenerosamente polo profesor de música, J. Luis.
Ademais, a mostra conta con elementos tradicionais que axudan ao noso alumnado a comprender mellor os oficios mariñeiros, como unha nasa (arte de pesca) e unha creba ( restos de naufraxios, madeiras, obxectos perdidos, etc.)
Estas son as fichas que se elaboraron para dar información do que é unha nasa e unha creba
É unha ledicia ver como o proxecto das mochilas viaxeiras continúa o seu camiño, levando ilusión e unindo as familias a través das lecturas e a creatividade.
Queremos destacar o traballo marabilloso que estades a facer coas libretas de viaxe. Sinceramente, non poderían estar quedando mellor: imaxinación, esforzo, agarimo…
A colaboración das familias é o motor que fai que esta iniciativa teña sentido e que os máis pequenos sintan o orgullo de compartir o seu mundo escolar co seu fogar.
GRAZAS POR FACER QUE ESTE PROXECTO SIGA VIAXANDO CON TALENTO E ILUSIÓN!
Xa estamos en abril e temos moitos proxectos na biblioteca, pero antes queremos presentarvos un breve resumo das últimas actividades feitas en marzo.
O alumnado de 1ºB realizou un libro co poema recitado o Día da Poesía, ese poema foi escrito, decorado e así de bonitiño quedou.
Os alumnos e alumnas de 4ºA tamén celebraron a poesía escribindo fermosos poemas adicados ao mar que logo ilustraron e pintaron. Eses poemas hoxe decoran o noso corredor .
Os obradoiros creativos de marzo mesturaron tradición e tecnoloxía. O alumnado deseñou os seus propios ovos de Pascua con bolígrafos 3D. A creatividade e a destreza dixital foron as protagonistas. Grazas a todos os que participastes nestes obradoiros!
Parabéns aos campións! Xa se entregaron os premios do reto número 3 do noso concurso “Canto sabes do mar”.
Grazas a todos por participar con tanto entusiasmo e por demostrar o que sabedes das nosas costas galegas. Xa estamos preparando o reto número 4 que estará relacionado cos libros. Atentos e a participar! Lembrade que sempre hai pequenos agasallos.
O alumnado de primeiro de primaria foi ao auditorio para ver a obra de teatro en inglés THE TIN SOLDIER. Pasárono xenial! Participaron e portáronse de marabilla. Estamos moi orgullosos deles!
Seguimos celebrando o Día da Poesía. Os protagonistas desta páxina son o alumnado de infantil, 1º B e 2ºB do edificio do Greco.
Este ano a experiencia foi moi especial. Non nos quedamos na aula; este ano fixemos as gravacións no estudio de radio do noso colexio. Entre micrófonos e auriculares, os rapaces e rapazas gravaron os seus poemas, demostrando a gran sensibilidade e arte que teñen.
Estamos moi orgullosos de ver como os nosos alumnos máis novos se comportan ante os micrófonos. Isto é só o comezo!
O alumnado de 4 anos do Greco recitou un poema de Rosalía de Castro que prepararon coa súa mestra Rosa. Grazas a Thiago, fabio, Hugo, Enmanuel, Carla, Gabriela, Vera, Athena, Julieta, Lucas, Valentina, Franny, Mael, Nahiris, Mateo, Vera Salgado, Jonatán e Zoe polo voso poema tan galego e tan noso.
O alumnado de 5 anos do Greco recitou un poema de Manuel María que prepararon coa súa mestra Manoli. Grazas a Mateo, Brais, Marco, Hafsa, Carme, Iago, Xoel, André, David, Angélica, Álex, Roi, Ángela, Anaís e Noa o voso recitado está cheo de tenrura.
O alumnado de 1ºBdo Greco recitou o poema “Poemar ao mar” de Antonio García Teijeiro que prepararon coa súa mestra Fina. Grazas a Santiago, Martina, Valery, Álvaro, Martín, Gael, Isaac, Martín e Xoel por cada verso recitado e por abrazar coa vosa voz.
Poemar ao mar
O alumnado de 2ºB do Greco recitou un poema dedicado ao mar que prepararon coa súa mestra Chus. Grazas a Valentina, Sofía, Rafael, Gael, Nour, Stephano, Enrique, Nahomi, Claudia, Cristopher, Kiara, Lia e Nora polo voso traballo e por poñer voz a cada un dos versos recitados.
Grazas as mestras e a todo ou alumnado que preparou esta páxina dedicada á poesía con tanto esmero e cariño. Grazas por compartir sensibilidade, ritmo e musicalidade en cada verso e por darlle vida a cada estrofa.
Seguimos celebrando o Día da Poesía. Os protagonistas son o alumnado de infantil,1ºA e 2ºA do edificio de Sas.
Este ano a experiencia foi moi especial. Non nos quedamos na aula; este ano fixemos as gravacións no estudio de radio do noso colexio. Entre micrófonos e auriculares, os rapaces e rapazas gravaron os seus poemas, demostrando a gran sensibilidade e arte que teñen.
Estamos moi orgullosos de ver como os nosos alumnos máis novos se comportan ante os micrófonos. Isto é só o comezo!
O alumnado de 3 anos de Sas recitou o poema “A nena e o mar” que prepararon coa súa mestra Loli. Grazas a Andrés, Fernando, Liam, Enzo, Mía, Leo, Alba, Blanca, Emma, Sara, Lúa, Noa e Julio o voso poema sensible e melodioso é un anticipo do grandes recitadores de poemas que ides ser.
A nena e o mar
O alumnado de 4 anos de Sas recitou un poema dedicado á primavera que prepararon coa súa mestra Bea. Grazas a Nicolás, Paula, Afnan, Noa, Mencía, Julia, Lorienni, Xián, Xares, Roi, Lúa, Mara, Camila, Mía, Sarela e Zoe o voso poema esta cheo de musicalidade.
A Primavera
O alumnado de 5 anos de Sas recitou o poema “Galego” que prepararon coa súa mestra Marita. Grazas a Thiago, Xan, Marina, Martina, Vera, Teo Ferreiro, Alejandro, Tania, Vera, Álex, June, Alma, Aroa, Helena, Paula e Teo Silva o voso poema é melodioso e está cheo de sentimento pola nosa terriña.
Galego
O alumnado de 1ºA recitou dos poemas: “Plantemos unha árbore”e “Poemar ao mar” de Antonio García Teijeiro e relacionado co noso proxecto. Ambos foron preparados coa súa mestra Inés. Grazas a Xiana, Aritz, Gael, Laia, Lucas, Lucía, Candela, Vega, Alejandro, Samanta, André, Roi, María, Luca, José, Nuno, Izan, Leo e Álex o voso poema soa a amizade, colaboración e sobre todo a amor e respecto polo medio.
Plantemos unha árborePoemar ao mar
O alumnado de 2ºA recitou dous poemas que prepararon coa súa mestra Rosa. Ambos están dedicados ao mar, tema do noso proxecto. Cal vos gusta máis “Din que era raro” ou “La fiesta del mar”?
Grazas a Xoel, Ximena, Alejandro, Alexia, Mateo, Ricardo, Thiago, Antonio, Fátima, Ahmad, Darío, Nazaret,Kilian, Isabelly, Noa, Antía, Adrián e Mario os vosos poemas están cheos de tenrura e sensibilidade.
Din que era raroLa fiesta del mar
Grazas as mestras e a todo ou alumnado que preparou esta páxina dedicada á poesía con tanto esmero e cariño. Grazas por compartir sensibilidade, ritmo e musicalidade en cada verso e por darlle vida a cada estrofa.
O 21 de marzo celebramos a chegada da primavera e o Día da Poesía. A actividade proposta para celebrar este día é un recitado de poemas protagonizado polo alumnado de infantil e primeiro nivel.
Este, dedicado á primavera está escrito por Antonio García Teijeiro. El é un escritor e un gran defensor da poesía oral, animámosvos a lelo en voz alta para celebrar que a primavera xa está entre nós.
O protagonista do noso recitado será o mar, e para iso mergullámonos nas páxinas do libro “Poemar o mar” de Antonio García Teijeiro e poñemos rumbo a ese mar azul con ritmo e poesía.
Os artistas de hoxe son os alumnos e alumnas de 1ºB e de 2ºB. Con toda a súa ilusión e esforzo, prepararon un recitado moi especial. Convidámosvos a escoitalos.
ALUMNADO DE 1ºB “POEMAR O MAR”
ALUMNADO DE 1ºB
O recitado do alumnado de 2ºB tamén ten o mar como protagonista e a eles por artistas.
ALUMNADO DE 2ºB
ALUMNADO DE 2ºB
Aínda quedan moitos versos por escoitar. A próxima semana retomaremos o recitado cos demais cursos. Moito ánimo e seguide traballando así de ben!
O 8 de marzo é o Día da muller. Nesta data lembramos todos os logros acadados polas mulleres, buscando a igualdade de dereitos, oportunidades e liberdades.
A muller representa enerxía, valor, determinación e creatividade. Dende a nosa biblioteca, estamos convencidos de que a lectura e o coñecemento son ferramentas clave para acadar o obxectivo común: construír xuntos unha sociedade xusta e igualitaria.
Este Genially que vos presentamos quere dar a coñecer a mulleres de todos os tempos, que tamén foron inventoras, pintoras, escritoras, científicas, pacifistas, deportistas…todas foron grandes mulleres e merecen ser coñecidas.
Este ano, o noso proxecto dedicado ao mar rescata unha historia de coraxe e determinación: a das “Heroínas de Sálvora”.
Dende a biblioteca, convidámosvos a ler a noticia sobre aquel suceso, investigar sobre esas catro mulleres valentes e mesmo localizar a illa de Sálvora nun mapa. Aquí tedes un pequeno anticipo daquela historia.
Nestas curtas e libros que vos propoñemos, atoparedes a unhas protagonistas: fortes, valentes, libres e seguras de si mesmas.
Rosalía de Castro, muller importante para o galego, para as galegas e galegos. Adiantada a súa época, soubo transmitir forza, amor, tenrura e dor dende a palabra. Deixounos un legado poético que debemos coñecer e valorar.
Hoxe 23 de febreiro de 2026, conmemórase o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (23 febreiro de 1837- 15 xullo de 1885) e queremos celebralo lembrando a súa vida, recitando e escoitando os seus poemas.
Rosalía de Castro tamén escribiu poemas sobre o mar. Para ela, o mar non era só auga; era un símbolo de distancia e destino. Os poemas que veredes a continuación foron seleccionados porque recollen a esencia do mar, protagonista principal do noso proxecto.
Propoñemos un reto mariño.Escolle o teu poema favorito de Rosalía e leo en voz alta para toda a clase. Podes facelo coma un susurro, cunha voz forte, con silencios coma se fose o eco do mar… usa a túa imaxinación.
Actividade de lectoescritura e arte: O alumnado de 1ºA escribiu un dos poemas seleccionados e completouno cunha ilustración que eles mesmos colorearon. Quedou moi bonito, non si?
As nosas mochilas viaxeiras van e veñen cada semana, traendo consigo obras de arte incribles que dan vida ao noso proxecto sobre o mar. Estes son algúns dos traballiños dos cursos de 1ºA, 1ºB e 2ºB desta semana…auténticos artistas!!
ROSALÍA EN OURENSE: Rosalía está moi presente na cidade de Ourense e no mundo enteiro. Na nosa cidade hai unha rúa que se chama Rosalía de Castro, tamén hai unha biblioteca que leva o seu nome e por suposto unha ESTRELA.
Febreiro é un mes curto pero moi intenso e antes de que o calendario avance e nos preparemos para celebrar o Día de Rosalía, queremos pechar as conmemoracións de ciencia e radio, deste mes, cun podcast moi especial.
Temos o pracer de conversar coa científica e bióloga mariña Gema Solís Fraile, ela traballa no Museo Nacional de Ciencias Naturais e vainos falar do seu traballo, das súas experiencias e de como se iniciou no mundo da ciencia e investigación. E unha sorte poder conversar con ela e poder achegar ao alumnado a ciencia e o mar a través das ondas da radio.
Lara de 6ºA e Jade de 6ºB no podcast de Gema Solís Fraile
Gema Solís Fraile
O alumnado de 6º tivo, días despois, unha reunión virtual coa bióloga mariña Gema Solís. Foi unha sesión moi interesante e amena que serviu como un excelente colofón ao noso mes dedicado ás mulleres e nenas na ciencia.
Estamos moi agradecidos a Gema Solís polo tempo e atención que nos dedicou.
María, Clara, Manuela e Jade alumnas de 6º de primaria presentaron e falaron do traballo de catro mulleres científicas e inventoras. Invitámosvos a participar na táboa de valoración para elixir o voso invento favorito. Despois publicaremos cal foi o invento gañador na biblioteca.
O alumnado de 4ºA, realizou un precioso mural no que todas as alumnas da clase aparecen representadas como científicas. Que vos parece?
Coincidindo co noso mes da ciencia, imos amosar o fantástico traballo realizado polo alumnado de 1º B e relacionado co mar. Sodes uns artistas!!
Este ano, a nosa mascota da biblioteca Coutolin, trouxonos uns mandados para o Entroido con auténtico sabor a mar.
O Entroido complementouse coa visita de varios personaxes que achegaron cor e tradición a esta festa.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega foi o encargado de traer ao colexio: As Pantallas de Xinzo, Os Troteiros de Bande, Os Vellarróns de Riós e aos Merdeiros de Vigo.
Foi unha oportunidade de ouro para que o alumnado puidese coñecer a nosa cultura de primeira man e dun xeito tan vivencial e auténtico. Moitas grazas Equipo.
O proxecto dedicado ao mar, fixo que os disfraces estivesen relacionados co mundo acuático. A diversidade foi total: peixes, pescadores, redeiras, polbos, medusas, corsarios, mariñeiros, bañistas, barcos, sereas, un auténtico fondo mariño….Unha vez máis grazas a todos pola vosa colaboración!!
O Entroido remata pero nós seguimos afondando no mar!
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este é un día para dar visibilidade ao traballo das mulleres que se dedican á ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas. O seu traballo é un referente feminino para a sociedade. Garantir que as nenas de hoxe se convertan nas científicas do mañá é unha tarefa colectiva.
Preme no debuxo para máis información.
A ciencia e a igualdade de xénero son importantes para construír unha sociedade de futuro, unha sociedade onde as mulleres teñan acceso pleno e equitativo á ciencia. E poidan ser o que elas queiran ser.
Mulleres de ciencia para os máis cativos.
Que podes atopar na biblioteca estes días? Seguindo coa traballo iniciado o curso pasado, este ano preparamos un recuncho de científicas e inventoras. Contamos coa colaboración das alumnas de 6º para que sexan elas as que nos descubran a estas mulleres que co seu enxeño, resolveron problemas cotiáns e grandes retos científicos.
Este geneally será un adianto do que veredes na biblioteca
Foron moitas as nenas galegas que se covertiron en mulleres científicas. Estas son algunhas das nosas científicas galegas que queremos que coñezades ( conteñen vídeos).
Para este día tamén preparamos lecturas, traballos de investigación e percorridos cos escornabots e co vincibot no taboleiro de mulleres de ciencia, están no espazo creativo da biblioteca….Ven e practica!
O pasado 5 de febreio o alumnado de 3º participou na actividade “Aqualoxía”, relacionada coa auga e na que tiveron ocasión de facer ciencia.
Para festexar esta data, o alumnado de 4ºA, realizou un precioso mural no que todas as alumnas da clase aparecen representadas como científicas. Que vos parece?
Porque o talento non ten xénero e a curiosidade non coñece límites. Feliz día da muller e a nena na ciencia!