Rosalía de Castro, muller importante para o galego, para as galegas e galegos. Adiantada a súa época, soubo transmitir forza, amor, tenrura e dor dende a palabra. Deixounos un legado poético que debemos coñecer e valorar.
Hoxe 23 de febreiro de 2026, conmemórase o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (23 febreiro de 1837- 15 xullo de 1885) e queremos celebralo lembrando a súa vida, recitando e escoitando os seus poemas.
Rosalía de Castro tamén escribiu poemas sobre o mar. Para ela, o mar non era só auga; era un símbolo de distancia e destino. Os poemas que veredes a continuación foron seleccionados porque recollen a esencia do mar, protagonista principal do noso proxecto.
Propoñemos un reto mariño. Escolle o teu poema favorito de Rosalía e leo en voz alta para toda a clase. Podes facelo coma un susurro, cunha voz forte, con silencios coma se fose o eco do mar… usa a túa imaxinación.


Actividade de lectoescritura e arte: O alumnado de 1ºA escribiu un dos poemas seleccionados e completouno cunha ilustración que eles mesmos colorearon. Quedou moi bonito, non si?

As nosas mochilas viaxeiras van e veñen cada semana, traendo consigo obras de arte incribles que dan vida ao noso proxecto sobre o mar. Estes son algúns dos traballiños dos cursos de 1ºA, 1ºB e 2ºB desta semana…auténticos artistas!!

ROSALÍA EN OURENSE: Rosalía está moi presente na cidade de Ourense e no mundo enteiro. Na nosa cidade hai unha rúa que se chama Rosalía de Castro, tamén hai unha biblioteca que leva o seu nome e por suposto unha ESTRELA.

SEMPRE ROSALÍA!
































































































































