A última semana do curso escolar estivo chea de momentos inesquecibles. Compartimos as emotivas graduacións de Infantil e 6º de Primaria, disfrutamos do tan agardado Coutofest e vivimos a emocionante despedida das mestras: Inés, Rosa e Elena, que comezan a súa ben merecida xubilación.
Nesta páxina queremos recoller eses pequenos grandes momentos en imaxes. Dicirvos que esta nunca será unha despedida porque quedades para sempre nos nosos corazóns e na historia do colexio do Couto! Querémosvos!
Graduación de infantil



Graduación de 6º



No Coutofest a música e o galego son os protagonistas pero as letras e as vosas cancións son unha locura creativa. Grazas a todos por un traballo tan ben feito!


Queremos lembrar con agarimo a Lola (mestra) e a Tina (orientadora), xubiladas hai uns meses, e hoxe despedimos con emoción a Inés, Rosa e Elena, que tamén se xubilan. Non é unha despedida definitiva pois sempre estaredes nos nosos corazóns e na historia do colexio do Couto! Querémosvos!





O TRABALLO FEITO, AS EMOCIÓNS VIVIDAS, A MÚSICA COMPARTIDA E OS SENTIMENTOS QUE AQUÍ NACERON ACOMPAÑARANNOS SEMPRE.