Seguimos avanzando no noso proxecto de centro, “Na beira do mar“, a través de diferentes actividades. Estes días, o noso hall transformouse nun pequeno museo grazas á exposición filatélica sobre faros, cedida xenerosamente polo profesor de música, J. Luis.

Ademais, a mostra conta con elementos tradicionais que axudan ao noso alumnado a comprender mellor os oficios mariñeiros, como unha nasa (arte de pesca) e unha creba ( restos de naufraxios, madeiras, obxectos perdidos, etc.)


Estas son as fichas que se elaboraron para dar información do que é unha nasa e unha creba
É unha ledicia ver como o proxecto das mochilas viaxeiras continúa o seu camiño, levando ilusión e unindo as familias a través das lecturas e a creatividade.
Queremos destacar o traballo marabilloso que estades a facer coas libretas de viaxe. Sinceramente, non poderían estar quedando mellor: imaxinación, esforzo, agarimo…
A colaboración das familias é o motor que fai que esta iniciativa teña sentido e que os máis pequenos sintan o orgullo de compartir o seu mundo escolar co seu fogar.

GRAZAS POR FACER QUE ESTE PROXECTO SIGA VIAXANDO CON TALENTO E ILUSIÓN!




