Este mes de abril celebramos o pracer de ler da man dos alumnos e alumnas do CIFP Portovello. Durante tres días (22, 23 e 24 de abril), a biblioteca encheuse de historias, música e cor para o noso alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria.
Foi un luxo desfrutar de títulos como: “Nadarín”, “A balea”, “O neno peixe” ou “Xa vou”, acompañados de divertidos obradoiros e animacións.
Estas son as fotos que recollen algúns deses momentos no edificio do Greco







Estas son as fotos que recollen algúns deses momentos no edificio de Sas





Moitísimas grazas pola vosa visita! Esperámosvos coas mans abertas para seguir compartindo a maxia dos contos.


Este curso as historias de Erika Esmorís foron as grandes protagonistas. Lemos e desfrutamos moito nos clubs de lectura e nas aulas con títulos como: “Patio de luces”, “Erin e o lobo”, “Analfabeta” e “Esta é a miña historia e terás que crela”.
Aínda que non foi posible contar coa súa visita presencial como agardabamos, Erika quixo estar presente enviándonos este vídeo tan especial. Nel dedica unhas palabras a todo o colexio e, de xeito moi particular, ao alumnado de 3ºB que leu o libro “Esta é a miña historia e terás que crela”.
¡Moitas grazas por este agasallo, Erika!
Ninguén anima a ler mellor que quen ama de verdade cada páxina dun libro. Temos o privilexio de contar cun alumno que é puro entusiasmo; escoitar as súas cancións e os seus contos é recibir unha dose directa de felicidade.
Grazas por contaxiarnos a túa paixón e por recordarnos que a lectura é, sobre todo, unha alegría compartida.
A LEDICIA DE COMPARTIR LECTURAS