O 23 de abril celebramos o Día do Libro, unha data especial para lembrar historias que nos inspiran, ensinan e nos acompañan ao longo da nosa vida.
Hoxe queremos render homenaxe a todos os escritores que, co seu talento, abren ventás a mundos novos.
Durante todo o mes estamos a desenvolver actividades de animación á lectura: encontro co autor, animación á lectura con Sabela Gago e Eva Tato, contacontos do CFIP Portovello e apadriñamento lector do alumnado de 6º de Primaria. Desexamos que todo o programado vos guste, xa vos iremos informando!!

O pasado luns, 20 de abril, os clubs de lectura de 5º e 6º de Primaria tiveron un encontro co escritor X.H. Rivadulla Corcón, autor da obra “Os piratas da illa Esperanza”.
A actividade permitiulle aos rapaces e rapazas conversar directamente co autor, resolver dúbidas sobre a trama e facerlle preguntas sobre o proceso de creación do libro. Ademais, puideron escoitar os seus consellos e recomendacións lectoras como escritor profesional. Grazas, Xosé Henrique, por inspirarnos con novas lecturas!






Nos obradoiros da biblioteca estamos a crear uns marcadores de páxina moi especiais, están inspirados tanto nos libros como no noso proxecto “Na beira do mar”. Se non fixeches o teu, aínda estás a tempo!

NAVEGA ENTRE AS PÁXINAS DUN LIBRO!