Xa estamos en abril e temos moitos proxectos na biblioteca, pero antes queremos presentarvos un breve resumo das últimas actividades feitas en marzo.
O alumnado de 1ºB realizou un libro co poema recitado o Día da Poesía, ese poema foi escrito, decorado e así de bonitiño quedou.

Os alumnos e alumnas de 4ºA tamén celebraron a poesía escribindo fermosos poemas adicados ao mar que logo ilustraron e pintaron. Eses poemas hoxe decoran o noso corredor .

Os obradoiros creativos de marzo mesturaron tradición e tecnoloxía. O alumnado deseñou os seus propios ovos de Pascua con bolígrafos 3D. A creatividade e a destreza dixital foron as protagonistas. Grazas a todos os que participastes nestes obradoiros!

Parabéns aos campións! Xa se entregaron os premios do reto número 3 do noso concurso “Canto sabes do mar”.
Grazas a todos por participar con tanto entusiasmo e por demostrar o que sabedes das nosas costas galegas. Xa estamos preparando o reto número 4 que estará relacionado cos libros. Atentos e a participar! Lembrade que sempre hai pequenos agasallos.

O alumnado de primeiro de primaria foi ao auditorio para ver a obra de teatro en inglés THE TIN SOLDIER. Pasárono xenial! Participaron e portáronse de marabilla. Estamos moi orgullosos deles!

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DO LIBRO