Chegaron as excursións de fin de curso e de fin de proxecto! Días de convivencia e unha oportunidade perfecta para coñecer de preto parte de todo o traballado no noso proxecto do mar.
Así de ben o pasou o noso alumnado:
Os cursos de infantil , 1º e 2º visitaron o Museo do Mar, foron ata Cangas en barco e tiveron ocasión de facer unha visita guiada por esa localidade e actividades cos monitores.












Os cursos de 3º e 4º visitaron a Casa das Ciencias, a Domus, o Acuario da Coruña e a emblemática Torre de Hércules.





O alumnado de 5º e 6º descubriu o Museo Massó en Bueu, visitou aos compañeiros e compañeiras do CEIP A Rúa (Cangas) onde lles presentaron o seu proxecto de cinema e pola tarde realizaron unha ruta de sendeirismo por Cabo Home.








Un broche de ouro inesquecible para un curso cheo de aprendizaxes