Esta semana festexamos o Samaín, festividade celta que marca o comezo do inverno. Nos países anglosaxóns o 31 de outubro celebran Halloween.
O noso colexio xa viste as súas mellores galas para o Samaín. Este ano, o proxecto do curso encheu de fíos e texturas a nosa decoración: pantasmas de tecidos, mouchos e teas de araña de lá, figuras de macramé e moitas máis sorpresas enchen de cor e meigallo os corredores e entradas de ambos edificios.
Convidámosvos a botar un ollo a todo o elaborado polo alumnado nesta mostra fotográfica. Feliz e terrorífico Samaín a todos!









No edificio de Greco, o alumnado de 1ºB e 2ºB, xunto co das clases de inglés, creou os seus propios monstros, pantasmas e mouchos empregando materiais vinculados ao proxecto do curso. Velaquí o espectacular resultado!



Para esta semana hai unha proposta de lecturas que están de medo. Escollede na clase, coas compañeiras e compañeiros a lectura que máis vos guste, collede o libro no expositor da biblioteca e pasade moito medo lendo as historias.
Se prefires ver e escoitar as historias en lugar de lelas no libro, deixámosche esta selección de vídeos de contos que seguro que xa coñeces. Preparados para unha sesión de cine de Samaín?
QUE TEÑADES UN FELIZ SAMAÍN!
HAPPY HALLOWEEN