No mes de maio tivemos moitas celebracións, pero sen dúbida, o broche de ouro púxoo a nosa gran festa das Letras Galegas.
Para renderlle homenaxe á nosa lingua e á nosa cultura , unímonos nun espectacular festival musical organizado con moitísimo cariño polo noso profe de música Jose Luis Carnicero.
Desde os máis cativos ata os maiores de Primaria, todos os cursos prepararon e ensaiaron con ilusión a súa propia canción en galego.
¡Moitísimas grazas a todos os que fixestes posible este día tan especial!







Pero as celebracións non remataron aí. Polo Día da Familia, os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo, aproveitando o fío condutor do noso proxecto de centro, “Na beira do mar”, prepararon con moito esmero uns traballos manuais preciosos e cheos de agarimo para as súas familias.
Así de fermosos quedaron os traballos e orgullosos que estaban os nosos pequenos artistas co resultado. ¡Esperamos que vos gusten tanto coma a nós!

Aproveitando as ultimas semanas de clase, no tempo lector estamos traballando con libros vinculados ao noso proxecto sobre o mar. É o momento perfecto para que os alumnos se informen e demostren o ben que len.

Antes de rematar, damos os nosos parabéns ao alumnado de 3º e 5º pola súa fantástica participación no campionato de cálculo mental e de vocabulario de inglés de SUPERTMATIK. Acadaron unha clasificación excelente a nivel internacional!
Grazas polo voso entusiasmo e dedicación. Sodes uns campións!

CHEGA XUÑO E AS EXCURSIÓNS…VÉMONOS!