Saúdos dende o blog da biblioteca.
O 24 de febreiro, foi un día que dedicamos a Rosalía. Lembramos a súa vida, debuxamos e pintamos o seu retrato, e tamén escoitamos e recitamos algúns dos seus poemas.
O club de lectura “Os Coutolines” quixo honrar a esta gran escritora galega recitando algúns dos seus poemas que comparten con todos nós. Moitas grazas polo voso traballo e pola vosa implicación, o resultado foi marabilloso!

Poema “Adiós ríos, adiós fontes...”recitado por Emma, Uxía, Jade, Candela, Clara, Lara e Yodenny. Club de lectura de 5º
Poema “Negra sombra” recitado por Álvaro, Mateo, Álex e Essien. Club de lectura de 5º
Poema “Campanas de Bastabales” recitado por Guido, Yodenny, Julia, Mikaela. Club de lectura de 5º
Poema “Lugar máis fermoso…” recitado por Tomé, Antón e Carla. Coutolines de 5º
Na escola seguimos coñecendo cada día máis a Rosalía de Castro e a súa obra. Nesta ocasión, o alumnado de 2ºA traballou un poema que fala de tres pitas brancas e un galo negro. Paga a pena escoitalos e gozar do gran traballo realizado.
Neste vídeo podedes escoitar o mesmo poema de Rosalía, musicado por Amancio Prada.
Aquí vos deixamos algúns dos traballiños que fixemos neste día dedicado a Rosalía.





ROSALIA SEMPRE NA NOSA MEMORIA….INESQUECIBLE ROSALÍA!