Publicado en Biblioteca

DÍA DO AUTISMO

Rematando este segundo trimestre queremos lembrarvos que o 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo e este ano o seu lema é “Chamémoslle polo seu nome”.

Neste día o que se quere é mellorar a calidade de vida das persoas autistas e promover unha sociedade máis inclusiva para que todos poidamos levar unha vida plena e gratificante.

Estas fotos amosan algunhas das actividades que se fixeron en Primaria para conmemorar o día….este mural que fixo o alumnado de 2ºA quedou xenial!!!

En Infantil tamén traballaron sobre o autismo e fixeron un mural, tan bonito, como este que vos amosamos!! O verdadeiramente importante é aceptar, incluir e querer a todos por igual.


Este conto titulado “el viaje de María” axudaravos a comprender e entender mellor as nenas e nenos con autismo.


O martes, 28 de marzo, e como anticipo ao Día do Libro, os cursos de terceiro, cuarto e os clubs de lectura tiveron encontro co escritor PERE TOBARUELA, autor dos libros “FORMIGAS”. Neste encontro falamos con el, escoitamos os seus novos proxectos e firmou exemplares. Grazas pola visita…!!!


RETOS NA BIBLIOTECA

DISFRUTADE DO DESCANSO E DAS VACACIÓNS …VÉMONOS!!!

Publicado en Biblioteca

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo, conmemoramos O día Mundial do Síndrome de Down e O Día Mundial da Poesía. Hoxe lembramos que todas e todos somos iguais e ó mesmo tempo diferentes, que o mundo non debe ter barreiras e que temos que poñer un pouco máis de poesía nas nosas vidas.

Durante estes días seguiremos disfrutando do recital poético que o alumnado de infantil, primeiro e segundo curso nos ofrecerá. Grazas a todos polo voso esforzo, implicación e por transmitir tanto sentimento e emoción recitando poesías…sodes estupendos!!!

Este audiovídeo dedicado a “Estrela sen nome” e ao “Sol” está feito polo ALUMNADO DE 1ºB


Poesías recitadas polo ALUMNADO DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA.

3 ANOS A: “O MEU GATIÑO

3 ANOS B:” O MEU XARDÍN”

4 ANOS B : ” A PRIMAVERA”

5 ANOS A: “A PRIMAVERA”

5 ANOS B:” O MEU CADELIÑO”

1ª A :” O RATO E A LÚA”, ” O BURRIÑO TROTÓN”

1ºB : AUDIOVÍDEO “A ESTRELA SEN NOME”

2ºA: “OS SEÑORES MESES”, “RIBAS DO SIL”, “NO REGO DO PRADO”

2ºB: ” O ARCO DA VELLA

Made with Padlet
MOVE A RAIA BRANCA ARRIBA E ABAIXO PARA ESCOITAR TODOS OS POEMAS

Aproveitando que o 22 de marzo e o Día Mundial da Auga propoñemos este vídeo.


Publicado en Biblioteca

DÍA DA MULLER

8 de Marzo, Día da Muller. Neste data lembramos a todas aquelas mulleres que loitaron contra as dificultades do seu tempo, para poder acadar as súas metas e, por suposto, a todas aquelas que aínda hoxe ven vulnerados os seus dereitos.

A muller representa enerxía, valor e determinación. Xuntos debemos construír unha sociedade xusta e igualitaria onde as nenas dende pequenas se sintan poderosas, solidarias e felices.

Esta páxina da biblioteca vai dedicada a todas as mulleres do noso colexio.


Neste día non podía faltar un conto, este de hoxe titúlase “Maruxa”. Está narrado polo alumnado de 1ºB, que unha vez máis, poñen voz e esforzo a este conto que relata a historia dunha muller que, farta de facerlle a Pepiño  o pan todos os días, decide darlle unha lección e amosarlle que o traballo na casa é cousa de dous.

Grazas a todas as rapazas e rapaces de 1ºB pola vosa colaboración, sen vós, contar estas historias tan bonitas non sería posible.


O club de lectura ” OS COUTOLINES 6ºB”, lémbranos en este audio, por que o 8 de marzo é o Día dedicado a Muller.

8 de marzo, Día da Muller. “COUTOLINES 6ºB”


A biblioteca dedicará este mes marzo a MULLER, haberá unha exposición fotográfica de científicas e tamén estará a maleta creativa de bibliotecas escolares de Galicia. Agardámoste na biblioteca!!

FELIZ DÍA DA MULLER!!


Publicado en Biblioteca,Club de lectura

MARZO

Saúdos dende bibliocouto!!!

Comezamos o mes de marzo coa  proposta lectora do alumnado de 1ºB. O libro “Miñoca e Pega” da editorial Xerais, gustoulles moito e anímannos a lelo.

Grazas polas vosas suxestións, ánimo e simpatía…sodes estupendos!!


O club de lectura “Os Coutolines” quixeron renderlle unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Recitaron algúns poemas da escritora que comparten con todos nós.

“Adiós Ríos , adiós fontes” CLUB DE LECTURA: ” COUTOLINES 6ºA”

“Quíxente tanto, meniña” CLUB DE LECTURA: “COUTOLINES 5ºA-5ºB”


O obradoiro desta semana foi “A CEPA DE ROSALÍA”. En lugar de follas hai corazóns que amosan o noso agarimo pola escritora, e cada corazón ten escrito un calificativo dedicado a ela. Sairon cousiñas moi tenras….

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!

Publicado en Biblioteca

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 23 de febreiro de 2023, conmemórase o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (23 febreiro de 1837- 15 xullo de 1885) e queremos celebralo lembrando a súa vida, recitando e escoitando os seus poemas.

VIDA: Este Draw my life do colexio San Pio X de Ourense resume a súa vida.


CASA: Padrón foi a localidade onde Rosalía viviu os últimos anos da súa vida, na casa da Matanza. Hoxe en día é un museo dedicado a ela. Se queres facer un percorrido pola súa casa, mira este vídeo e escoita o poema de “Adiós Ríos, Adiós Fontes” .


CURIOSIDADES: Mira e escoita estas cinco cousas que seguro non sabías de Rosalía de Castro.


ROSALÍA EN OURENSE: Rosalía está moi presente na cidade de Ourense e no mundo enteiro. Na nosa cidade hai unha rúa que se chama Rosalía de Castro, tamén hai unha biblioteca que leva o seu nome e por suposto unha ESTRELA.


OBRA: Poemas para recitar. Os primeiros son de “Cantares Gallegos” e os segundos de “Follas Novas”



EXPOSICIÓNS: Se vos interesan as plantas, en Allariz inaugúrase o Herbario de Rosalía. A escritora citou na súa obra preto de 150 plantas e flores que tratan de amosar nesta exposición.

Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

ENTROIDO

Coñecer mellor a Ribeira Sacra é o noso obxectivo para este curso e imos aproveitar o Entroido para coñecer aos personaxes típicos desta zona.

Fixemos unha exposición de máscaras, na que podemos atopar: FELOS de Esgos, a MÁZCARA de Manzaneda, o OSO de Salcedo e os VOLANTES de Chantada. Todos teñen roupa, costumes, bailes e movementos característicos e moi antigos que paga a pena coñecer.

Contaremos coa visita ao colexio dos FOLLATEIROS de Lobios (foto1ª), os FELOS de Esgos (foto 2ª) e a MÁZCARA de Manzaneda (foto 3ª) …Desfrutade da súa visita e do Entroido!!


Noticias do telexornal da galega onde saen os FELOS no colexio do Couto:

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-5999368?t=1610?t=1622


Debuxo dos personaxes do Entroido da Ribeira Sacra.

Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

DÍA DA RADIO

13 de febreiro Día Mundial da Radio.

A radio…que importante este medio de comunicación onde a voz é imprescindible! No blog da biblioteca tamén facemos radio, a vosa voz pode chegar a toda a comunidade educativa: cando contades contos, recitades poemas, cantades cancións ou informades de novas.

Para celebralo, haberá na biblioteca unha exposición de radios, aportadas polo mestre de música: José Luis Carnicero. Veremos como eran, como son e mesmo poderemos fedellar nelas.

Para conmemorar este día, disfrutade deste audio. Grazas a todos/as os locutores/as que o fixeron posible!

Made with Padlet

A exposición de radios será o punto de partida para traballar coa ciencia. Nesta ocasión a mesa de observación servirá para: ver radios de colección, saber quen inventou a radio e por que se conmemora o 13 de febreiro. A outra mesa será a de experimentación, imos traballar cos imáns, cos campos magnéticos, coa forza de atracción e de repulsión.

Agardamoste na biblioteca…xoga coa ciencia!!!

Publicado en Biblioteca

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Saúdos dende o blog da biblioteca!!!

O próximo 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este é un día para lembrar que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.

A ciencia e a igualdade de xénero son importantes para construir unha sociedade de futuro, unha sociedade onde as mulleres teñan acceso pleno e equitativo á ciencia. E poidan ser o que elas queiran ser.

O lema deste ano 2023 é:  “Innovar. Demostrar. Elevar. Avanzar. Sostener. (I.D.E.A.S)” e ten coma obxectivo lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia


Estas son algunhas das mulleres científicas que traballaron e actualmente traballan no mundo da investigación.

Foron moitas as nenas galegas que se covertiron en mulleres científicas. Estas son algunhas das nosas científicas galegas que queremos que coñezades.

CIentíficas galegas

A próxima semana dedicaremos os obradoiros do recreo á ciencia e a facer experimentos. Volveremos ter unha mesa de observación e outra de experimentación, igual que fixemos en novembro cando dedicamos o mes á ciencia. Agardámosvos …!!!


As mochilas viaxeiras xa están listas para á lectura en familia. O venres 10 de febreiro todos os cursos levarán a súa, desexamos que a selección de lecturas sexa do voso agrado. As instrucións de uso xa están no interior de cada mochila…BOA LECTURA!!!

Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Saúdos dende bibliocouto!!

O 30 de xaneiro celébrase o día da ilustración. Unha data que serve para valorar a gran importancia que teñen os ilustradores na creación de imaxes para libros, contos, carteis…

O conto dos “Chibos chibóns” é un deses libros ilustrados, composto por 32 follas e editado por Kalandraka que hoxe as nenas e nenos de 1ºB  vannos contar. Elas e eles son a voz deste marabilloso conto onde a cooperación, as gañas de solucionar atrancos e a loita do ben contra o mal están moi presentes.

Grazas a Noa, Uxía, Eric, Julia, Gabriel, Carlos, Marco, Xiana, África, Nayeli, Lía, Sarah, Álvaro, Miguel, Carlos Manuel, Gala, Nara, Daniel e Leo polo voso esforzo, traballo e por facernos pasar un momento tan agradable.


Este ano o noso proxecto de centro é que todas e todos coñezades un pouco máis a Ribeira Sacra. O vídeo proposto é un anticipo do que foi o programa “Pipper en ruta” emitido pola 2 de rtve o pasado 28 de xaneiro e que non debedes perder.

Os protagonistas son Pipper, a teacher Laura e o seu can Drogo, que nos levan de ruta pola Ribeira Sacra…paga a pena que vexades o programa, pois está cheo de boas e fermosas anécdotas, Laura faino moi ben e os dous cans portanse xenial.

Vídeo completo de Pipper na Ribeira Sacra:

https://www.rtve.es/play/videos/pipper-en-ruta/ribeira-sacra/6780329/


Esta semana no obradoiro, estamos pintando as letras mandala do escritor que nos visitará en febreiro: Lois Pérez autor do libro “A gruta da torre”. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN !!!

Publicado en Biblioteca

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Feliz Día da Paz!!

As nenas e nenos de 2ºA prepararon un poema dedicado á paz. Compuxeron, recitaron e prepararon esta poesía que agora vos invitamos a escoitar.

Grazas a Ximena, Álex, Anxo, María, Álex Cid, Noa, Brais, Samira, Henar, Blanca, Andrea, Uxía, Ariadna, Iván, Sergio, Elian, Ainhoa, Mateo, Cristian, Andrea, Lara, Kevin, Vera e Sara por compartir os vosos traballos. Sodes estupendos!!

Made with Padlet

Que é para ti a paz??

QUE É A PAZ?
É a pregunta máis difícil de responder. A paz é iso
que percibimos cando nos atopamos ben. Cando
todo está tranquilo e sentimos que nos queren,
que nos protexen…

A paz é esa sensación tan rara pero tan agrable que
temos cando estamos ben cos nosos amigos e amigas,
coa nosa familia, na escola, no parque…
A paz votámola de menos cando non está,
cando hai guerras, cando temos medo de que pase algo…


A paz é tan importante como o aire que respiramos.
Non a vemos pero nos rodea, está en cada xesto,
en cada abrazo, en cada mirada e en cada verba que dicimos.
Acompáñanos ó longo da nosa vida.

Que nos da paz?
Unha morea de cousas
que non se comen, nin se ven, nin se cheiran,
pero que se sinten moi dentro.
A paz danos tranquilidade, felicidade e tamén seguridade.
E para que isto suceda,
temos que traballar para que exista.


Os obradoiros destas últimas semanas tiveron moito que ver coa paz. Entre todos conseguimos darlle cor branca as follas das árbores, coa intención de que o vento as leve lonxe e enchan de paz todos os recunchos, ademais de decorar o BAMBÁN DA RIBEIRA SACRA.

O traballo tivo varias partes: 1º Recollemos follas de árbores que hai na Ribeira Sacra. / 2º Puxémolas entre papeis e con peso enriba para que as follas alisasen./ 3º Pintamos as follas de branco, cada día por un lado para que secasen. / 4º Xuntámolas nunha caixa. / 5º Pegamos as follas no bambán.

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!


Outro dos obradoiros tivo que ver coa ESCRITURA. Consitía en facer unha cadea, escribindo bos desexos…este foi o resultado. GRAZAS POR COLABORAR!!


E para rematar fotos dos logros que conseguides nos xogos que hai na biblioteca.

Que teñades un bo día da paz!!