Este ano adicado ao proxecto de centro “Entre pinceis”.

















Este ano adicado ao proxecto de centro “Entre pinceis”.



















FRIDA KAHLO ( México, 6 de xullo de 1907 – México, 13 de xullo de 1954)
Magdalena Carmen Frida Kahlo Calderón máis coñecida como Frida Kahlo foi a terceira filla do fotógrafo alemán Guillermo Kahlo e da súa dona Matilde Calderón. Viviu coa súa familia nunha casa azul. De nena Frida contraeu moitas enfermidades que a obrigaron a quedarse na cama.
En 1925 tivo un accidente, o autobús no que viaxaba foi atropelado por un tranvía, tras ese accidente tivo que permanecer deitada e inmóbil durante moitos meses. Durante ese período comezou a pintar cadros para expresar a dor que sentía. A maioría dos seus cadros son autorretratos nos que proxecta as súas dificultades por sobrevivir. A dor impedíalle levar unha vida normal e aos 47 anos morreu de broncopneumonía. Os seus restos repousan na súa casa azul. Frida foi unha muller que soubo afrontar a dor con forza e coraxe.



ABAPORU
É un cadro da pintora Tarsila do Amaral, pintado no ano 1928. O cadro está considerado un icono da pintura brasileira.


MARUJA MALLO ( Viveiro, 5 xaneiro de 1902 – Madrid, 6 febreiro de 1995)
Foi unha pintora surrealista galega. Estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando onde coñeceu a Salvador Dalí. O seu estilo pasou por dúas etapas diferenciadas: unha colorida con imaxes alegres e vivas, e outra sombría e apagada onde predominan as cores grises e escuras. Viviu en Bos Aires durante o seu exilio, que durou 25 anos. Viaxou a Nova York onde expuxo a súa obra e coñeceu a Andy Warhol. Morreu en Madrid tras dedicar toda a súa vida á arte. O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía conta con varios dos seus cadros que seguen fascinando e sorprendendo a quen contempla a obra desta pintora.


Élisabeth Vigée-LeBrun ( Francia, 1755 – Francia, 1842)
Durante anos, como adoita suceder coa maioría das mulleres artistas, Élisabeth foi unha das grandes esquecidas das enciclopedias de arte. Foi a pintora francesa máis famosa do século XVIII e unha das retratistas máis importantes da súa época. A súa pintura ten un estilo doce, amable e emprega unha técnica perfecta. Tivo tempo de escribir as súas marabillosas memorias onde rexistra a súa atarefada e emocionante vida.



Os tres mellores murais do mundo están en Galicia: ” A violonchelista” de Sfhir en Fene ( A Coruña), “A dona do Esteiro “de Lula Goce en Nigrán (Pontevedra) e “Corpora” de Yoe 33 en Lugo.

O Concello inicia unha nova campaña de agasallo de libros. Dende o 1 de febreiro ata o 4 de marzo. Agasallo de libros

O pintor malagueño, Picasso, ten unha rúa no barrio do Couto. El recibiu o encargo de facer un traballo para o I Congreso Mundial pola Paz que tivo lugar en París en 1949, dese traballo saíu a súa pomba que dende entón é o símbolo de paz, liberdade e igualdade en todo o mundo.
Estas son as pombas de paz que fixemos no colexio para conmemorar o 30 de xaneiro e lembrar a Picasso. Seguro que lle gustarían!!













Estas son as que fixeron no Greco.



Despois de afondar na biografía e obras do artista e activista neoiorquino Keith Haring, estes son os traballos realizados polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Sodes uns artistas!!

Os cadernos das mochilas viaxeiras xa empezan a ter traballos moi interesantes. Ao longo do curso iremos amosando algúns deles. Grazas familias pola vosa colaboración no proxecto deste ano!!

Os cadros seleccionados na biblioteca, son de pintores que deixaron nos seus lenzos o profundo pesar dunha guerra. Investiga cal é o título e quen é o pintor do cadro misterioso deste mes. Xa sabedes que hai premio para os que o adiviñen!!


Seguimos cos 21 días en galego e de momento non hai obradoiros, a partir do 7 de febreiro estaremos de volta!!
O próximo 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz, neste día celebraremos que o mundo pode ir mellor se hai comprensión, respecto e tolerancia.
A paz non é algo que se desexa, é algo que se constrúe empregando: un sorriso, unha mirada, unhas verbas, unhas apertas…e diso todas e todos temos dabondo. Este vídeo que vos presentamos, coas actividades do primeiro trimestre, ten un pouquiño de todo iso.
O 30 de xaneiro conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Este líder pacifista naceu na India o 2 de outubro de 1869 e foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948 ós 79 anos.
Gandhi defendeu e promoveu a paz e a non violencia, súas son estas verbas: ”Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. Foron moitos os que seguiron e imitaron esta forma de actuar, neste geneally poderás coñecelos.
Para o tempo lector propoñemos contos e curtas que tratan da amizade, igualdade, axuda, tolerancia, responsabilidade…Desexamos que vos gusten e vos fagan pensar!!!
Que teñades moita paz cos vosos amigos, coas vosas familias… e na vosa vida!

Saúdos dende bibliocouto.
As mochilas viaxeiras xa están circulando con libros e cadernos relacionados co proxecto “Entre pinceis”. Cada mochila leva un caderno coa biografía dun pintor e unha lámina dun dos seus cadros.
Vós teredes que pintar esa lámina como máis vos guste e empregando o material que queirades. Ao final do curso as vosas obras formarán parte dunha gran exposición de arte. Ánimo e a pintar como artistas!

O 30 de xaneiro é o Día da Paz, con tal motivo os cadros seleccionados para este mes así coma o cadro misterioso teñen moito que ver coa data.
Pintores como Goya, Picasso ou Dalí deixaron nos seus lenzos o profundo pesar dunha guerra. Sabes a quen pertence o cadro misterioso deste mes? Investiga e entrega a túa resposta na biblioteca. Sorte!




O día 21 de xaneiro é o Día Internacional das Apertas, por este motivo queremos que coñezades un graffiti feito por Keith Haring e titulado “O abrazo”. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º nas clases de inglés e coa auxiliar de conversa, tivo oportunidade de afondar na biografía e obras deste artista e activista neoiorquino. Todos fixeron o seu Keith Haring particular que vos amosaremos en breve.


No colexio empezamos co reto dos 21 días en galego, por esta razón a biblioteca do centro permanecerá pechada no tempo do recreo, pero o blog de bibliocouto seguirá aberto e con novas aportacións.
No obradoiro creativo da semana pasada a proposta foi facer pombas da paz de moitas cores. Este foi o resultado…!! Graciñas pola vosa colaboración.




O equipo de biblioteca do CEIP O Couto deséxavos
BO NADAL e FELIZ 2024!!
Grazas a todas as familias, nais e pais que colaboraron na actividade: “Cóntame un conto no Nadal” foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….Graciñas!!!
Fotos da actividade no edificio de Sas
















Fotos primaria Sas






