Publicado en Biblioteca

RECITANDO POESÍA


Publicado en Biblioteca,Club de lectura

MARZO

Saúdos dende bibliocouto!!!

Comezamos o mes de marzo coa  proposta lectora do alumnado de 1ºB. O libro “Miñoca e Pega” da editorial Xerais, gustoulles moito e anímannos a lelo.

Grazas polas vosas suxestións, ánimo e simpatía…sodes estupendos!!


O club de lectura “Os Coutolines” quixeron renderlle unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Recitaron algúns poemas da escritora que comparten con todos nós.

“Adiós Ríos , adiós fontes” CLUB DE LECTURA: ” COUTOLINES 6ºA”

“Quíxente tanto, meniña” CLUB DE LECTURA: “COUTOLINES 5ºA-5ºB”


O obradoiro desta semana foi “A CEPA DE ROSALÍA”. En lugar de follas hai corazóns que amosan o noso agarimo pola escritora, e cada corazón ten escrito un calificativo dedicado a ela. Sairon cousiñas moi tenras….

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!

Publicado en Biblioteca

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 23 de febreiro de 2023, conmemórase o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (23 febreiro de 1837- 15 xullo de 1885) e queremos celebralo lembrando a súa vida, recitando e escoitando os seus poemas.

VIDA: Este Draw my life do colexio San Pio X de Ourense resume a súa vida.


CASA: Padrón foi a localidade onde Rosalía viviu os últimos anos da súa vida, na casa da Matanza. Hoxe en día é un museo dedicado a ela. Se queres facer un percorrido pola súa casa, mira este vídeo e escoita o poema de “Adiós Ríos, Adiós Fontes” .


CURIOSIDADES: Mira e escoita estas cinco cousas que seguro non sabías de Rosalía de Castro.


ROSALÍA EN OURENSE: Rosalía está moi presente na cidade de Ourense e no mundo enteiro. Na nosa cidade hai unha rúa que se chama Rosalía de Castro, tamén hai unha biblioteca que leva o seu nome e por suposto unha ESTRELA.


OBRA: Poemas para recitar. Os primeiros son de “Cantares Gallegos” e os segundos de “Follas Novas”



EXPOSICIÓNS: Se vos interesan as plantas, en Allariz inaugúrase o Herbario de Rosalía. A escritora citou na súa obra preto de 150 plantas e flores que tratan de amosar nesta exposición.