Comezamos o mes de marzo coa proposta lectora do alumnado de 1ºB. O libro “Miñoca e Pega” da editorial Xerais, gustoulles moito e anímannos a lelo.
Grazas polas vosas suxestións, ánimo e simpatía…sodes estupendos!!
O club de lectura “Os Coutolines” quixeron renderlle unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Recitaron algúns poemas da escritora que comparten con todos nós.
“Adiós Ríos , adiós fontes” CLUB DE LECTURA: ” COUTOLINES 6ºA”
“Quíxente tanto, meniña” CLUB DE LECTURA: “COUTOLINES 5ºA-5ºB”
COUTOLINES 6ºA
COUTOLINES 5ºA-5ºB
O obradoiro desta semana foi “A CEPA DE ROSALÍA”. En lugar de follas hai corazóns que amosan o noso agarimo pola escritora, e cada corazón ten escrito un calificativo dedicado a ela. Sairon cousiñas moi tenras….
As nenas e nenos de 2ºA prepararon un poema dedicado á paz. Compuxeron, recitaron e prepararon esta poesía que agora vos invitamos a escoitar.
Grazas a Ximena, Álex, Anxo, María, Álex Cid, Noa, Brais, Samira, Henar, Blanca, Andrea, Uxía, Ariadna, Iván, Sergio, Elian, Ainhoa, Mateo, Cristian, Andrea, Lara, Kevin, Vera e Sara por compartir os vosos traballos. Sodes estupendos!!
Que é para ti a paz??
QUE É A PAZ? É a pregunta máis difícil de responder. A paz é iso que percibimos cando nos atopamos ben. Cando todo está tranquilo e sentimos que nos queren, que nos protexen…
A paz é esa sensación tan rara pero tan agrable que temos cando estamos ben cos nosos amigos e amigas, coa nosa familia, na escola, no parque… A paz votámola de menos cando non está, cando hai guerras, cando temos medo de que pase algo…
A paz é tan importante como o aire que respiramos. Non a vemos pero nos rodea, está en cada xesto, en cada abrazo, en cada mirada e en cada verba que dicimos. Acompáñanos ó longo da nosa vida.
Que nos da paz? Unha morea de cousas que non se comen, nin se ven, nin se cheiran, pero que se sinten moi dentro. A paz danos tranquilidade, felicidade e tamén seguridade. E para que isto suceda, temos que traballar para que exista.
Os obradoiros destas últimas semanas tiveron moito que ver coa paz. Entre todos conseguimos darlle cor branca as follas das árbores, coa intención de que o vento as leve lonxe e enchan de paz todos os recunchos, ademais de decorar o BAMBÁN DA RIBEIRA SACRA.
O traballo tivo varias partes: 1º Recollemos follas de árbores que hai na Ribeira Sacra. / 2º Puxémolas entre papeis e con peso enriba para que as follas alisasen./ 3º Pintamos as follas de branco, cada día por un lado para que secasen. / 4º Xuntámolas nunha caixa. / 5º Pegamos as follas no bambán.
GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
Outro dos obradoiros tivo que ver coa ESCRITURA. Consitía en facer unha cadea, escribindo bos desexos…este foi o resultado. GRAZAS POR COLABORAR!!
E para rematar fotos dos logros que conseguides nos xogos que hai na biblioteca.
Remata o trimestre e queda pouco para festexar o Nadal.
Esta páxina do blog está dedicada a todas e cada unha das persoas que formades parte do colexio do Couto. Sodes vós os auténticos protagonistas desta sección con tintes solidarios.
Imos comenzar cun audioconto que as nenas e nenos de 1ºB do edificio do Greco prepararon para este Nadal. Elas e eles son as entrañables voces deste libro que sempre gusta escoitar polo Nadal “CandoMartiño tivo gañas de mexar na noite de reis”.
Grazas a Noa, Uxía, Eric, Julia, Gabriel, Carlos, Marco, Xiana, África, Nayeli, Lía, Sarah, Álvaro, Miguel, Nara, Daniel e Leo….ides ser grandes contadores/as de contos!!!!
Propoñemos estas curtas para ver nesta semana…estamos seguros de que vos gustarán!
CURTAS PARA FESTEXAR O NADAL
Neste mes o obradoiro da biblioteca tivo fins solidarios. Aproveitando a proposta de bibliotecas escolares: “Escribir a biblioteca escolar”, preparamos a caixiña dos desexos. Consistía en escribir un bo desexo para cada un dos maiores da residencia de Campolongo, en Pontevedra. Foi feita con agarimo e tenrura desexando que teñan un Nadal mais levadeiro. Grazas a todas /os pola vosa colaboración!!
Seguimos a falar de solidariedade, nesta ocasión para agradecer a vosa colaboración na campaña de recollida de alimentos da “Operación Quilo”. Un ano máis a vosa aportación e implicación foi moi grande como tamén o foi a participación na xincana que se fixo durante os recreos ó longo da semana.
E xa para rematar, esta semana entregaremos os agasallos do certame literario...parabéns aos gañadores/as!!!
O 11 de novembro festexamos o San Martiño, patrón da cidade de Ourense e día no que facemos os magostos.
Durante esta semana os obradoiros na biblioteca estiveron dedicados á castaña. Os “tres en raia” e os “encesta castaña” elaborados, contribuíron a darlle protagonismo a este froito.
Este ano queremos que descubrades a Ribeira Sacra, está preto de nós, con abundante patrimonio que amosar e cunha gran biodiversidade.
Unha parte importante desta zona son as súas árbores. Queremos que as coñezades e que medren ao voso carón durante este curso. Nesta ocasión as nenas e nenos de infantil e do primeiro nivel axudaron a transplantar dous castiñeiros. Agora toca coidar deles…!!
O pasado 25 de outubro empezou a funcionar a biblioteca. Todos os cursos visitaron bibliocouto, saudaron a mascota Coutolin, lembraron as normas e coñeceron o proxecto para este curso escolar “Descubrindo a Ribeira Sacra”.
Como fixemos o curso pasado, este ano seguiremos cos obradoiros no recreo. O desta semana está relacionado co Samaín… sesión Halloween nails!!!
A biblioteca tamén empezou coas sesións de contacontos. Nesta ocasión foron as mellores mestras contacontos do noso colexio as que se encargaron de contar :”Fiz, o coleccionista de medos” e “A bruxaregañadentes“. É un pracer contar con elas, pois as sorpresas e o disfrute están asegurados….graciñas mestras!!!
Deixamos a versión videoconto de “Fiz , o coleccionista de medos” , agardamos que vos guste e que como Fiz, superedes todos os medos. Feliz Samaín!!! Happy Halloween!!!