Publicado en Biblioteca

CELEBRAMOS A PAZ

O 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz, celebraremos que o mundo pode ir mellor se hai comprensión, respecto e tolerancia.

A paz non é algo que se desexa, é algo que se constrúe empregando: un sorriso, unha mirada, unhas verbas, unhas apertas… e diso todas e todos temos dabondo. Empecemos a construír a paz!!


No 30 de xaneiro conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Líder pacifista que naceu na India o 2 de outubro de 1869 e foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948 ós 78 anos.

Gandhi defendeu e promoveu a paz e a non violencia, súas son estas verbas: “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”.

Foron moitos os que seguiron e imitaron esta forma de actuar, neste genially poderás coñecelos

Se queres saber algo máis sobre eles só tes que coller un código QR no colexio, levalo para a casa e escanealo dende un teléfono móbil. Proba..é moi sinxelo!!!


Para o tempo lector propoñemos contos e curtas que tratan da amizade, igualdade, axuda, tolerancia, responsabilidade…Desexamos que vos gusten e vos fagan pensar!!!


Os libros non poden faltar nesta data, os que vos amosamos pódense ler e ver na biblioteca do colexio, tamén se poden levar á clase para ler no tempo lector. Se tes algunha dúbida ou precisas axuda, consulta coas bibliotecarias.

Que teñades moita paz cos vosos amigos, coas vosas familias… e na vosa vida!!

Publicado en Biblioteca

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA E DOS DEREITOS DA INFANCIA

Novembro é o mes dedicado á Ciencia en Galego.

PINTEREST CIENCIA EN GALEGO (preme para ver)


Na biblioteca hai preparadas actividades que nos achegan ó mundo da investigación, dos inventos e dos descubrimentos; microscopios con mostras; unha maleta viaxeira con libros de divulgación; libros científicos; películas …todo está preparado, achégate!!


O 20 de novembro foi o Día da Declaración dos Dereitos da Infancia. No colexio conmemoramos esta data, cunha carreira solidaria a favor da ONG Save the Children, que traballa para axudar a nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

Descubre os 10 dereitos fundamentais de nenos e nenas.


E para rematar, propoñemos o conto de “Arturo e Clementina”. A historia de dúas tartarugas na que se combaten os estereotipos femininos e a discriminación da muller. Seguro que che fará pensar…!!

CONTO PARA LER

FICHAS INTERACTIVAS DA HISTORIA DE ARTURO E CLEMENTINA


Proposta de contos para o 25N


Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

SAN MARTIÑO

Saúdos dende o blog de bibliocouto!!

O 11 de novembro festexamos o San Martiño, patrón da cidade de Ourense e día no que facemos os magostos.

Durante esta semana os obradoiros na biblioteca estiveron dedicados á castaña. Os “tres en raia”  e os “encesta castaña” elaborados, contribuíron a darlle protagonismo a este froito.


Este ano queremos que descubrades a Ribeira Sacra, está preto de nós, con abundante patrimonio que amosar e cunha gran biodiversidade.


Unha parte importante desta zona son as súas árbores. Queremos que as coñezades e que medren ao voso carón durante este curso. Nesta ocasión as nenas e nenos de infantil e do primeiro nivel axudaron a transplantar dous castiñeiros. Agora toca coidar deles…!!