O 20 de novembro é o Día Mundial da Infancia.
É un día para lembrar que as nenas e os nenos son a parte máis vulnerable da sociedade, que son moitos os avances conseguidos pero que é preciso seguir traballando polo seu benestar e desenvolvemento.
A infancia foi un tema que se traballou na pintura. Neste vídeo, dedicado a todas as nenas e nenos do colexio, poderedes ver algúns deses cadros. Feliz día a todos!!
Este é o programa de radio gravado para este día polas compañeiras e compañeiros de 5º curso. Graciñas!!

Descubre os 10 dereitos fundamentais de nenos e nenas.
O club de lectura de 6º está lendo o libro: “ O neno can “, escrito por Fina Casalderrey e Francisco Castro. Ambos autores donaron parte dos beneficios obtidos coa venta do libro a UNICEF.
“O neno can” é un libro de relatos nos que se quixeron tratar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha gran parte dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día.
Cada relato vai precedido dun artículo da Declaración Universal dos Dereitos do neno e, rematan cunha cita intelectual que lle da sentido a cada relato.
Este libro traballa algúns dos obxectivos da axenda do 2030 de desenvolvemento sustentable.




MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ( Preme para ler)
PINTEREST CIENCIA EN GALEGO ( Preme para ver libros de ciencia)
Durante todo o mes de novembro, a biblioteca será un gran laboratorio con actividades que nos achegan ó mundo da investigación, dos inventos e dos descubrimentos; microscopios con mostras; libros de divulgación; libros científicos …todo está preparado. Ven a xogar coa ciencia á biblioteca!!
































