MARUJA MALLO ( Viveiro, 5 xaneiro de 1902 – Madrid, 6 febreiro de 1995)
Foi unha pintora surrealista galega. Estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando onde coñeceu a Salvador Dalí. O seu estilo pasou por dúas etapas diferenciadas: unha colorida con imaxes alegres e vivas, e outra sombría e apagada onde predominan as cores grises e escuras. Viviu en Bos Aires durante o seu exilio, que durou 25 anos. Viaxou a Nova York onde expuxo a súa obra e coñeceu a Andy Warhol. Morreu en Madrid tras dedicar toda a súa vida á arte. O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía conta con varios dos seus cadros que seguen fascinando e sorprendendo a quen contempla a obra desta pintora.
Élisabeth Vigée-LeBrun ( Francia, 1755 – Francia, 1842)
Durante anos, como adoita suceder coa maioría das mulleres artistas, Élisabeth foi unha das grandes esquecidas das enciclopedias de arte. Foi a pintora francesa máis famosa do século XVIII e unha das retratistas máis importantes da súa época. A súa pintura ten un estilo doce, amable e emprega unha técnica perfecta. Tivo tempo de escribir as súas marabillosas memorias onde rexistra a súa atarefada e emocionante vida.
Os tres mellores murais do mundo están en Galicia: ” A violonchelista” de Sfhir en Fene ( A Coruña), “A dona do Esteiro “de Lula Goce en Nigrán (Pontevedra) e “Corpora” de Yoe 33 en Lugo.
O Concello inicia unha nova campaña de agasallo de libros. Dende o 1 de febreiro ata o 4 de marzo. Agasallo de libros
O pintor malagueño, Picasso, ten unha rúa no barrio do Couto. El recibiu o encargo de facer un traballo para o I Congreso Mundial pola Paz que tivo lugar en París en 1949, dese traballo saíu a súa pomba que dende entón é o símbolo de paz, liberdade e igualdade en todo o mundo.
Estas son as pombas de paz que fixemos no colexio para conmemorar o 30 de xaneiro e lembrar a Picasso. Seguro que lle gustarían!!
Estas son as que fixeron no Greco.
Despois de afondar na biografía e obras do artista e activista neoiorquino Keith Haring, estes son os traballos realizados polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Sodes uns artistas!!
Os cadernos das mochilas viaxeiras xa empezan a ter traballos moi interesantes. Ao longo do curso iremos amosando algúns deles. Grazas familias pola vosa colaboración no proxecto deste ano!!
Os cadros seleccionados na biblioteca, son de pintores que deixaron nos seus lenzos o profundo pesar dunha guerra. Investiga cal é o título e quen é o pintor do cadromisterioso deste mes. Xa sabedes que hai premio para os que o adiviñen!!
Seguimos cos 21 días en galego e de momento non hai obradoiros, a partir do 7 de febreiro estaremos de volta!!
O próximo 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz, neste día celebraremos que o mundo pode ir mellor se hai comprensión, respecto e tolerancia.
A paz non é algo que se desexa, é algo que se constrúe empregando: un sorriso, unha mirada, unhas verbas, unhas apertas…e diso todas e todos temos dabondo. Este vídeo que vos presentamos, coas actividades do primeiro trimestre, ten un pouquiño de todo iso.
O 30 de xaneiro conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Este líder pacifista naceu na India o 2 de outubro de 1869 e foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948 ós 79 anos.
Gandhi defendeu e promoveu a paz e a non violencia, súas son estas verbas: ”Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. Foron moitos os que seguiron e imitaron esta forma de actuar, neste geneally poderás coñecelos.
Para o tempo lector propoñemos contos e curtas que tratan da amizade, igualdade, axuda, tolerancia, responsabilidade…Desexamos que vos gusten e vos fagan pensar!!!
Que teñades moita paz cos vosos amigos, coas vosas familias… e na vosa vida!
As mochilas viaxeiras xa están circulando con libros e cadernos relacionados co proxecto “Entre pinceis”. Cada mochila leva un caderno coa biografía dun pintor e unha lámina dun dos seus cadros.
Vós teredes que pintar esa lámina como máis vos guste e empregando o material que queirades. Ao final do curso as vosas obras formarán parte dunha gran exposición de arte. Ánimo e a pintar como artistas!
O 30 de xaneiro é o Día da Paz, con tal motivo os cadros seleccionados para este mes así coma o cadro misterioso teñen moito que ver coa data.
Pintores como Goya, Picasso ou Dalí deixaron nos seus lenzos o profundo pesar dunha guerra. Sabes a quen pertence o cadro misterioso deste mes? Investiga e entrega a túa resposta na biblioteca. Sorte!
O día 21 de xaneiro é o Día Internacional das Apertas, por este motivo queremos que coñezades un graffiti feito por Keith Haring e titulado “O abrazo”. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º nas clases de inglés e coa auxiliar de conversa, tivo oportunidade de afondar na biografía e obras deste artista e activista neoiorquino. Todos fixeron o seu Keith Haring particular que vos amosaremos en breve.
No colexio empezamos co reto dos 21 días en galego, por esta razón a biblioteca do centro permanecerá pechada no tempo do recreo, pero o blog de bibliocouto seguiráaberto e con novas aportacións.
No obradoiro creativo da semana pasada a proposta foi facer pombas da paz de moitas cores. Este foi o resultado…!! Graciñas pola vosa colaboración.
Grazas a todas as familias, nais e pais que colaboraron na actividade: “Cóntame unconto no Nadal” foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….Graciñas!!!
Rematamos o primeiro trimestre, xa queda pouco para disfrutar duns días de descanso e mais da compañía da familia.
No colexio hai ambiente de Nadal, a decoración dos corredores e das clases achégannos a este tempo de solidariedade e amizade. Os cadros, os libros e os vosos traballos foron os auténticos protagonistas do decorado de Nadal. Verdade…?
Nos obradoiros creativos destas semanas fixemos árbores de Nadal con pinturas de neón. A escuridade do inverno foi a cartolina negra e as luces brillantes as pinturas de neón. Grazas a todas e todos pola vosa colaboración e non esquezades levalas para casa!!
Un ano máis queremos agradecer a todas as familias, nais e pais, a vosa colaboración na actividade: “Cóntame un conto no Nadal”. Foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….Graciñas!!!
Estas foron algunhas das familias do edificio do Greco que participaron nesta actividade.
Bibliocouto dedicou o mes de novembro á ciencia. Todos os obradoiros programados achegáronnos ó mundo da ciencia e da experimentación.
Houbo dúas mesas: unha de observación e outra de experimentación . A mesa de observación deunos a posibilidade de aproximarnos ó mundo diminuto.
Na mesa de experimentación fixemos experimentos, casi todos relacionados coascores. Algúns deles foron: xogar con pingas de auga de cores, facer un arco da vella con lacasitos, facer unha explosión de cores e experimentar cun fluído non newtoniano. As fotos amosan algúns deses momentos.
O equipo da biblioteca seguirá a traballar neste tipo de propostas para os obradoiros da biblioteca, sabemos que vos gustan….agora imos preparar o NADAL!
A lectura é unha importante ferramenta coa que podemos construír unha sociedade de igualdade e libre de violencia de xénero.
Hoxe compartimos un fermoso e tenro poema escrito por unha alumna do IES do Couto. Está dedicado á amizade e o compañeirismo. O vindeiro luns día 27 de novembro, teremos a sorte de disfrutar da súa compañía nun encontro cos clubs de lectura.
Frida Kahlo foi unha muller digna de admirar, exemplo de superación e de esforzo por saír adiante. Foi ademáis unha importante pintora e artista mexicana coñecida en todo o mundo pola súa obra e polos seus autorretratos.
O alumnado de 2ºA fixo un fermoso mural adicado a ela, por ser unha muller: libre, loitadora, forte e valente. Seguro que a ela lle ía gustar. Gran traballo…non pudo quedar máis bonito!!
A axenda de desenvolvemento sustentable 2030, propón obxectivos que logren a igualdade de xénero e que reduzan as desigualdades causadas polo xénero, raza, discapacidade ou relixión.
Estas propostas lectoras, que poderás atopar na biblioteca, cumpren con eses obxectivos.
Para rematar, propoñemos o conto de “Arturo e Clementina”. A historia de dúas tartarugas na que se combaten os estereotipos femininos e a discriminación da muller. Seguro que che fará pensar…!!
Lembrámosvos que os obradoiros da biblioteca siguen dedicados á ciencia durante todo o mes de novembro. Ven e xoga coa ciencia!