O equipo de biblioteca do CEIP O Couto deséxavos
BO NADAL e FELIZ 2025!!


Desfrutade do descanso…vémonos en xaneiro!!
O equipo de biblioteca do CEIP O Couto deséxavos
BO NADAL e FELIZ 2025!!


Desfrutade do descanso…vémonos en xaneiro!!
Dende fai uns anos levamos a cabo esta actividade, na que as familias dos nosos nenos e nenas veñen ao colexio e comparten un conto coa clase dos seus fillos e fillas.
Grazas a todas as familias, nais e pais que colaboraron na actividade: “Cóntame un conto no Nadal” foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….Graciñas!!!
Estas foron algunhas das familias do edificio do Sas que participaron nesta actividade.


























Grazas a todas as familias. Bo Nadal!
A piques de empezar as vacacións de Nadal, queremos lembrar algúns momentos que fixeron que decembro fose un mes moi especial.
Os obradoiros cos lapis 3D e os traballos de papiroflexia puideron realizarse grazas a vosa implicación, traballo e ilusión. Hoxe forman parte do decorado de Nadal. Grazas!

No colexio hai ambiente navideño, a decoración dos corredores e das clases achégannos a este tempo tan especial. Na biblioteca: o teatro misterioso, o mini mundo do “Cascanoces“, o teatriño do nacemento, os obradoiros e as propostas lectoras de Coutolin, achégannos ao proxecto que temos para este curso.

Grazas a todas as familias, nais e pais que colaboraron na actividade: “Cóntame un conto no Nadal” foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….Graciñas!!!
Fotos da actividade no edificio de Greco.
















Nos próximos días sairán as fotos que se fixeron da actividade “ Contame un conto” no edificio de Sas. Graciñas a todas e todos pola voisa participación!!
Remata o trimestre e queda pouco para festexar o Nadal. Estas curtas que vos propoñemos a continuación están relacionadas con este tempo de solidariedade e bos desexos… estamos seguros de que vos gustarán.
As nenas e nenos que hoxe están en terceiro prepararon no seu día o conto : “Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis”. Elas e eles son as entrañables voces deste libro que sempre gusta escoitar polo Nadal
Grazas a Noa, Uxía, Eric, Julia, Gabriel, Carlos, Marco, Xiana, África, Nayeli, Lía, Sarah, Álvaro, Miguel, Nara, Daniel e Leo….por ser grandes contadores/as de contos!!!!
Neste mes de Decembro non pode faltar a solidariedade, o amor e os bos desexos. Sentimentos e valores que nos gusta fomentar e traballar, por iso, un ano máis imos colaborar coa campaña de recollida de alimentos da “Operación Quilo” e coa aula hospitalaria do CHUO. Grazas a todos pola vosa aportación e implicación.










Bibliocouto dedicou o mes de novembro á ciencia. Todos os obradoiros programados achegáronnos ó mundo da experimentación.

Este é o terceiro ano que traballamos nos experimentos e temos un libro que recolle todas estas experiencias e un mural con científicas actuais que cada ano completamos.


Os experimentos foron variados e espectaculares. Algúns deles foron: conseguir que un ovo rebote sen romper, levantar un vaso coa única forza dun globo, experimentar cun fluído non newtoniano, facer unha explosión de cores e atravesar cun lápiz unha bolsa de auga sen que esta se derrame . As fotos amosan algúns deses momentos.




O equipo da biblioteca seguirá a traballar neste tipo de propostas para os obradoiros da biblioteca, sabemos que vos gustan….agora imos preparar o NADAL!
Retos acadados durante o mes…Parabéns campións!!!




Saúdos dende Bibliocouto.
No mes de novembro os mini mundos ofreceron os contos: “A casiña de chocolate” e “A castaña que estoupou coa risa”.
O conto “A casiña de chocolate” ten un teatro radiofónico moi especial. Sodes quen de adiviñar quen lle dá voz a cada un dos protagonistas do conto?





O mini mundo do conto “A castaña que estoupou coa risa” está realizado polo alumnado de 5 anos do edificio de Sas. Conta a historia do que lle aconteceu a unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña cando ían de camiño e chegaron á beira dun río que non sabían como atravesar.
Desfrutade moito destas imaxes, onde saen os verdadeiros artistas do conto.






Para este mes de decembro estamos a preparar o mini mundo do conto: “O Cascanoces”. Desexamos vos guste.
O pasado 15 de novembro tivemos unha visita moi especial. O xefe territorial, Don Jorge Rubén Sampedro Grande; a inspectora de educación, Dona Yolanda Cadórniga Díaz; a coordinadora de bibliotecas en Ourense, Dona Loli Nieto; e a directora do colexio, María Pérez Laso; visitaron o novo espazo de Bibliocouto e asistiron a presentación do proxecto para este curso escolar.
Grazas ao seu apoio e a todo o traballo que vimos realizando, temos a sorte de contar con esta gran biblioteca. Agora só queda desfrutar do espazo e seguir traballando! Grazas a todos.
Amosamos fotos do día e un programa de radio que ofrece unha entrevista con eles.








Grazas a todos pola vosa colaboración.
Saúdos dende Bibliocouto
Hoxe celebramos no colexio o Día da Infancia con catro representacións teatrais. Todo o traballo foi realizado polo Equipo de Convivencia que fixo unha gran selección de obras cunha espléndida posta en escena. Parabéns compañeiras!!


Os cursos de infantil tiveron un teatro de títeres do conto: “Os tres porquiños”. Coa obra traballáronse a igualdade de xénero e a integración.



O alumnado do 1º ciclo tivo un teatro de luces do conto: “Onde está o arco da vella?” no que as cores e as emocións van xuntas da man.



As alumnas/os do 2º ciclo asistiron a representación dun teatro musical do conto ”O Mago de Oz”. Nesta ocasión a valentía, a confianza nunha mesma e o valor da amizade, eran os valores a transmitir.
As compañeiras/os do 3º ciclo asistiron a un teatro de regueifas onde as palabras teñen valor por si mesmas.
Este ano o proxecto de centro “Mamá, quero ser artista” aproxímanos ao mundo do espectáculo e ao teatro. Que o disfrutedes!! Parabéns ás organizadoras.
O 20 de novembro é o Día Mundial da Infancia.
É un día para lembrar que as nenas e os nenos son a parte máis vulnerable da sociedade, que son moitos os avances conseguidos pero que é preciso seguir traballando polo seu benestar e desenvolvemento.
Descubre os 10 dereitos fundamentais de nenos e nenas.
Cremos que a mellor forma de ensinar e educar é a través dos libros. Aquí vos deixamos algúns para tratar este importante tema dos dereitos da infancia. Todos eles están dispoñibles na biblioteca. Cal cres que che pode gustar? Agardámoste na biblioteca.
Nesta semana dedicada á infancia compartimos as recomendacións lectoras que nos fan: Jose Henrique, Anushey e Nicole, compañeiros/as de 6ºB e auténticos booktubers.
As recomendacións seguen a ser sobre libros de medo e terror. Grazas polas vosas aportacións!
Na biblioteca seguimos dedicando os obradoiros de novembro á ciencia.

Saúdos dende bibliocouto! O 31 de outubro celebramos Halloween no noso colexio. Fixemos moitas actividades: exposición de casas do terror, cabazas decoradas, disfrazámonos e, por suposto, limos moitos libros terroríficos.
Con tal motivo algúns compañeiros/as de 6ºB convertéronse en auténticos youtubers de libros ou booktubers, e compartiron recomendacións lectoras. No blog da Biblioteca iremos subindo un par de reviews por semana. Anímate e le algún dos libros recomendados!!
Nesta semana, veremos a recomendación de Aldara e Sebastián.
Tamén houbo unha proposta de lecturas que estaban de medo. Había que escoller coas compañeiras e compañeiros a lectura que máis vos gustase, coller o libro no expositor da biblioteca e pasar moito medo lendo as historias xuntos.
Este ano o proxecto de centro achéganos ao mundo do teatro. As casas do terror e as cabazas eran mini teatros onde non faltaban personaxes. Estas fotos amosan parte desa exposición chea de enxeño e orixinalidade. Grazas a todas /os pola vosa colaboración e bo traballo.





Vémonos na biblioteca no mes dedicado á ciencia.