Saúdos dende o blog da biblioteca virtua!
Abril foi un mes no que celebramos a maxia dos libros e o pracer da lectura cun amplo programa de actividades, obradoiros e encontros.
Alumnado do CIFP Portovello e o do IES O Couto contou fermosas historias aos nenos e nenas de infantil e 1º ciclo, tivemos ademais actividades de animación á lectura con Sabela Gago e Anxo Moure e por suposto encontros cos autores Fran Alonso e Andrea García.

O alumnado de 6º preparou na clase de Arts and Craft as marionetas para os contos do apadriñamento lector e nos cursos de 2ºA, 2ºB e 1ºB elaboraron libros e un gran mural dedicado á lectura.

Na biblioteca o obradoiro do mes estivo dedicado aos marcadores de páxina e o concurso do “Teatro misterioso” trouxo novos gañadores e gañadoras.





Neste mes o contiño do minimundo foi “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, tamén houbo mercadillo e exposición de libros.




ABRIL UN MES CHEO DE MOMENTOS ENRIQUECEDORES E MARABILLOSOS.





























































