Publicado en Sin categoría

VISÍTANOS ANDREA MACEIRAS

O luns, 14 de febreiro, teremos no colexio a escritora Andrea Maceiras. Ela comentará co alumnado de quinto o seu libro “A folla azul”. Tamén asistirán os dous clubs de lectura, pois eles están a ler “Conta nove estrelas” da mesma autora.

Andrea Maceiras naceu en Coruña no ano 1987. Dende pequena sentiu paixón por contar contos e historias. É doutora en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Galega. Ten acadado moitos premios e os seus libros son moi lidos entre a xente nova.

Se queres saber máis sobre esta escritora preme neste link: https://andreamaceiras.com/biografia/

Todo está preparado…grazas aos que colaborastes no pintado das letras e na lectura dos seus libros. Benvida Andrea Maceiras!!

A escritora Andrea Maceiras.

Para comezar a semana, propoñemos unha curta que trata da amizade, da constancia e como non… do amor. Desexamos que vos guste!!

Publicado en Sin categoría

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O próximo 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este é un día para lembrar que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e a tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.

A ciencia e a igualdade de xénero son importantes para construir unha sociedade de futuro, unha sociedade onde as mulleres teñan acceso pleno e equitativo á ciencia. E poidan ser o que elas queiran ser.


Foron moitas as nenas que se covertiron en mulleres científicas. Estas son algunhas das nosas científicas galegas que queremos que coñezades.


Para os máis cativos propoñemos estes vídeos, esperamos vos fagan pensar e vos gusten.


Publicado en Sin categoría

CELEBRAMOS A PAZ

O 30 de xaneiro, Día da Paz, celebraremos que o mundo e as persoas poden ir mellor se hai comprensión, respecto e tolerancia. A paz non é algo que desexas, é algo que constrúes empregando: un sorriso, unha mirada, unhas verbas, unhas apertas… xa podemos empezar a facelo, diso todas e todos temos dabondo.

Isto foi o que fixeron as persoas que seleccionamos para facer este Genially. Estes son os TOP 10 DA PAZ.

Se queres saber algo máis sobre eles só tes que coller un código QR, levalo para casa e escanear dende un teléfono móbil. Proba…!!


Para festexar ben o Día da Paz, tamén propoñemos sete días de contos e curtas, un para cada día. Desexamos que vos gusten!!


Os libros non poden faltar nesta celebración, estes títulos pódense ler e ver na biblioteca do colexio, tamén se poden levar a clase para ler no tempo lector, se tes algunha dúbida ou precisas axuda, consulta coa bibliotecaria.

LIBROS PARA CELEBRAR A PAZ

No obradoiro de xaneiro, propuxemos facer unhas pombas. Precisastes unha culler, un molde, un cartafol branco e paciencia. O resultado é espectacular, sodes xeniais… Moitas grazas pola vosa implicación!! 

Por suposto cando remate a exposición poderes levar as vosas pombas da paz.


Publicado en Sin categoría

XANEIRO, NA PROCURA DA PAZ

Aproximase o día da Paz, é momento de pensar sobre o que podemos facer dende a empatía, a comprensión e o respecto polas diferenzas.

Esta semana propoñemos a curta “Ratón en venta” para ver e pensar.

Un conto con gran lección para aprender: “Pez Arcoiris”

Publicado en Sin categoría

DECEMBRO ESPECIAL

A piques de empezar as vacacións de Nadal, queremos lembrar algúns momentos que fixeron que decembro fose un mes moi especial.

Na biblioteca o obradoiro de pintar pedras, poido levarse a cabo coa vosa implicación, traballo e entusiasmo. Hoxe forman parte do decorado de Nadal do colexio.  Grazas!!

Obradoiro de decembro

Tamén tivemos momentos para a poesía. Nun ambiente alegre, relaxado e da man de Sabela Gago, o alumnado de 4ºA e 4ºB demostrastes que sodes grandes intérpretes.

Made with Padlet

Só queda agradecer a vosa solidariedade, a colaboración e implicación na campaña de recollida de alimentos e xoguetes da Operación Quilo. Un ano máis fostes estupendos!!