Chegan as vacacións e dende bibliocouto desexamos que teñades un bo verán!!
Esta páxina do blog pon punto final ao proxecto “Coñecendo a nosa cidade”, que comezou en outubro e que gracias a todos vós remata con gran satisfacción. Neste vídeo podedes ver os vosos traballos . Non hai que dicirvos que a letra da canción é orixinal e que a mestra Elisa é quen a canta. Desfrutádeo!
VÍDEO FINAL DO PROXECTO “COÑECENDO A NOSA CIDADE”
Durante o curso e na Aula Sirius, foron moitas as actividades levadas a cabo para: celebrar datas, pescudar sobre certos temas ou simplemente para facer unha boa partida de xadrez. Podedes ver na pestana Normalización os vídeos e os traballos realizados durante este ano. Asegúrovos que paga a pena!!
PARTIDA DE XADREZ
Dende o blog queremos despedirnos do/as alumnos/as de sexto, os cales inician unha nova etapa chea de soños e inquedanzas. Así mesmo, dos mestres/as que este ano estiveron con nós no colexio e que teñen novos destinos; tamén daqueles mestres/as que este ano remataron ou rematan a súa etapa como docentes . Dende o equipo da biblioteca agradecemos a vosa entrega e axuda, desexando que todo vos vaia ben. Ata pronto!
A todos vós, nenos e nenas do colexio, aproveitade este tempo de lecer para pasalo ben. Disfrutade das pequenas cousas da vida, do bo tempo, da familia e dos amigos. Sede moi felices e non vos esquezades LER.
O curso vai rematando e queremos lembrarvos algunhas das actividades feitas neste último mes. Antes de nada dicirvos que o 5 de xuño celébrase o Día Mundial do MedioAmbiente. Esta xornada ten como obxectivo, concienciar sobre a importancia de vivir de xeito sostible e en harmonía coa natureza. O tema deste ano é “ Unha soa terra”.
O quecemento global , a perda de hábitats de millóns de especies xunto coa contaminación ambiental afecta negativamente o aire, a terra e a auga. Que debemos facer? Escoita a canción que de seguro che dará algúns consellos.
O Campionato Internacional SuperTmatik de Cálculo Mental xa ten gañadores. Parabéns a Daniel Rodríguez de 3ºB polo fantástico resultado acadado neste concurso internacional e tamén aos que participaron representando ao noso colexio: Noa Domínguez, Roi Fernández e Sebastián Fernández de 3ºA e Xián Montecelo, Sergio Pérez e Daniel Rodríguez de 3ºB…Parabéns tamén aos seus titores!!!!!
PARTICIPANTES DO CONCURSO SUPERTMATIK
O 24 de maio o club de lectura de 4ºA e 6ºA visitaron a biblioteca pública Nós. O proxecto deste ano, coñecer un pouco máis a cidade na que vivimos, levounos ata alí. Esta visita permitiunos saber como funciona, onde está, o seu horario e servizos que ofrece.
VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA NÓS
O alumnado de 1º e 2º tamén está a visitar as bibliotecas da nosa cidade, neste caso foi a biblioteca municipal da Ponte. Alí tiveron ocasión de ver moitos contos e de compartilos cos amig@s e compañeir@s.
VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DA PONTE
O 25 de maio o alumnado de 3ºA e 4º co seu club de lectura, tiveron encontro cos autores. Érica Esmoris autora do libro “Patio de Luces” tivo unha charla na que explicou o que a inspirou a escribir o libro, como escolleu aos protagonistas, canto tempo tardou… respondeu ás preguntas que se fixeron e asinou libros. Foi un pracer gozar da súa compañía. Ata un novo encontro Érica!!
ENCONTRO COA ESCRITORA ÉRICA ESMORIS
Ese mesmo día visitounos o escritor Pere Tobaruela, autor do libro “ Formigas, MisiónCamiño de Santiago” e “Formigas, Misión Rosalía” entre outros. Aínda que naceu en Barcelona leva anos vivindo en Galicia. Escribe contos, novelas, biografías, libro ilustrado e banda deseñada. Seguro que o ano que vén volverémolo ver no colexio!!
ENCONTRO CO AUTOR PERE TOBARUELA
Queremos rematar esta páxina do blog cunhas bonitas imaxes do baile organizado polas Letras Galegas. Lembrade que na páxina de normalización lingüística podedes ver o vídeo do baile en Sas e en Greco, así como un resumo da “1ª edición do Couto Fest” e do reto “Eu falo Galego”.
BAILE DAS TANXUGUEIRAS
Agardamos que nestes derradeiros días do curso, disfrutedes das excursións programadas e das festas de graduación.
Coutolin xa está a preparar as recomendacións lectoras para este verán 2022…
Maio é un mes especial xa que celebramos o Día das Letras Galegas, este ano está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Naceu en Córgomo, unha aldea do Valdeorras, Ourense. Foi avogado, escritor e membro da Real Academia Galega e esta dedícalle o Día das Letras Galegas 2022, pola súa contribución a defensa do noso idioma e da nosa cultura.
Se queredes saber un pouco máis deste escritor, velaquí tedes estes vídeos sobre el.
Se preferides poñer a proba canto sabedes de Florencio Delgado, este Genialy.ly será todo un reto.
A música é moi importante e tampouco pode faltar neste día. “Aí ven o Maio” é un poema de Florencio cantado polos nen@s de 5 anos do CP Julio Gurriarán no Barco de Valdeorras. Disfrutade escoitando e cantando!!!
Se prefires facer unhas manualidades suxerimos estes marcapáxinas sobre o escritor.
Con motivo desta festividade, esta semana no obradoiro da biblioteca fixemos pulseiras reciclando botellas de plástico. As cales cumpren cas 3B’s: bó, bonito e barato! Sodes uns artistas!!
Para rematar, recollemos neste enlace un álbum de Florencio Delgado e agradecemos ao Seminario Galán todos os seus recursos compartidos neste post.
Este ano o Día do Libro foi dedicado a todos as escritoras e escritores ourensáns. O proxecto do colexio é dar a coñecer un pouco máis e mellor a nosa cidade, por iso inauguramos a festividade do libro cun paseo da fama de escritores.
Pero é mellor que sexa Coutolin o encargado de lembrarvos todo o que fixemos nesa semana dedicada ó LIBRO.
Por suposto non faltaron os contacontos da nosa rapazada de sexto; as actividades de animación á lectura de grandes profesionais, como Sabela Gago e Anxo Moure, que sempre son benvidos ao noso colexio; agasallos para os que leron e len; marcadores de páxinas; música da man da mestra Elisa… e un PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO dedicado as nosas escritoras e escritores ourensáns.
A exposición ten como obxectivo dar a coñecer estas autoras/es; achegarnos a elas/es; que saibamos o que escriben; que recoñezamos os seus nomes en rúas e parques; lugares da cidade onde viviron…en fin, é un bo momento para saber deles.
EXPOSICIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS OURENSÁNS
No obradoiro da biblioteca fixemos marcadores de páxina. O código QR que leva incorporado é unha ligazón co día inaugural do Libro.
Para o concurso de Agus and monsters queremos amosar algúns dos ready made que fixeron os participantes…Boa sorte!!
Unha vez máis grazas pola vosa colaboración e esperamos poder amosar pronto un gran libro sobre a CIDADE DE OURENSE que estamos a facer todos xuntos.
Esta semana é moi especial, o 23 de abril celebramos o Día do libro. Haberá actividades de contacontos, realizadas polos compañeiros/as de 6º e tamén mestras; animación á lectura con Sabela Gago e Anxo Moure; encontro cos autores, exposicións e un programa na radio moi especial. Desexamos que vos gusten.
Imos empezar cuns vídeos que nos informan da importancia desta data e doutras curiosidades.
O mundo no que vivimos non sería igual sen a existencia dos libros. As verbas, o significado das cousas, as aprendizaxes teñen sentido a carón dos libros. ”Los fantásticos libros del Señor Morris Lessmore”, amosa precisamente o amor polos libros e a capacidade que estes teñen para cambiar as nosas vidas.
Durante todo este ano os programas na radio axudaron a dar difusión ó noso proxecto de centro: “Coñecer a nosa cidade”. Nesta ocasión o programa é moi especial, non só polo gran número de participantes, senón porque nos achega a escritores e escritoras que foron e son importantes para a nosa cidade, e porque sen eles os libros non existirían.
Grazas a todos os que contades contos, axudades na biblioteca, facedes obradoiros, ledes libros, visitades o blog, enviades fotos… grazas a vós podemos festexar o DÍA DOLIBRO.
Só queda lembrarvos que este sábado no centro comercial haberá encontro conescritores e escritoras da nosa cidade, é unha boa ocasión para coñecelos, ademáis haberá actividades para todas as idades…non deixedes de ir.
Rematamos o segundo trimestre, desexamos que disfrutedes deste tempo de lecer que agora comeza, e non vos esquezades de que á volta festexaremos o Día do Libro.
O pasado 2 de abril foi o Día Mundial do Autismo , outro día máis para celebrar con amor e agarimo, pois as diferenzas forman parte da nosa vida e da nosa convivencia.
Lembrade que o 29 de abril remata o prazo para presentar os traballos do concurso de Agus and monsters. Para participar hai que ter entre 6 e 12 anos, facer un ready-made e presentalo na biblioteca. Lembrade que en anos anteriores gañaron o concurso alumnas do noso colexio… a participar e gañar!!!!
Queremos retomar unha actividade que fixemos hai dous anos durante a pandemia. Trátase de que fagades unha foto co voso libro favorito, aquel que máis vos gusta ou se preferides contalo, coa axuda da vosa familia, tamén pode ser. As fotos e os vídeos podedes envialos a esta dirección: bibliocouto@gmail.com e á volta das vacacións serán publicadas no blog da biblio.
O último obradoiro da biblioteca dedicámolo a facer pulseiras con aderezos, estas son as fotos…grazas unha vez máis a todas e todos pola vosa colaboración!!
QUE TEÑADES UNHAS MERECIDAS E FELICES VACACIÓNS…VÉMONOS!!!!!!
Abril é o mes dedicado ao libro. O día 2 conmemórase o Día do Libro Infantil, e cada ano un país membro do IBBY (International board on books for young people) encárgase desta celebración, facendo un cartel que inspire a todas as nenas e nenos do mundo, o amor pola lectura e os libros. Este é o cartel deste ano.
Esta data lembra o nacemento de Hans Christian Andersen, escritor e poeta danés (Dinamarca), famoso polos seus contos para nenas e nenos. Propoñemos este vídeo para que coñezades un pouco máis a este autor.
Foron moitos os contos que escribiu, entre eles: “A princesa e o chícharo”, ” O soldadiño de chumbo”, ” A sereíña”, “O traxe novo do emperador” e como non… ” O parruliño feo”.
Seguimos celebrando o Día da Poesía cos vosos recitais poéticos. Grazas pola colaboración aos cursos de tres, catro e cinco anos de infantil e aos cursos de primeiro e segundo de primaria. É un verdadeiro pracer escoitarvos, sodes xeniais!!
(Lembra mover a liña branca do fondo para escoller a poesía que queiras escoitar)
O 21 de marzo, conmemoramos O día Mundial do Síndrome de Down e O Día Mundial da Poesía. Hoxe lembramos que todos somos iguais e ó mesmo tempo diferentes, que o mundo non debe ter barreiras e que temos que poñer un pouco máis de poesía nas nosas vidas.
Hoxe celebramos que todos debemos ter as mesmas oportunidades e que debemos disfrutar de cousas tan fermosas como a poesía.
LEMBRA MOVER A BARRA INFERIOR HACIA A DEREITA PARA ESCOITAR OS AUDIOS
Os días que quedan de marzo, seguiremos disfrutando dos vosos recitais poéticos.
Aproveitando que o 22 de marzo e O Día Mundial da Auga, queremos propoñervos este vídeo: “Coida a auga”.
Non vos esquezades do concurso de debuxo de Agus and Monsters, o prazo para a presentación dos traballos remata o 29 de abril. Lembra pedir a folla para facer o debuxo na biblioteca.
Este foi o vídeo que preparou o equipo da biblioteca para ver como se celebra o entroido nalgúns barrios da nosa cidade.
CANTA A MESTRA ELISA
O entroido é unha festa chea de cor, música e disfraces. Hai barrios que teñen tradición e personaxes propias. Así é coñecida a máscara da “Pita de Eiroás”, os mecos “Paquita e Nicanor” de Seixalbo ou os confrades de “Frei Canedo” no barrio da Ponte.
No colexio este ano cada quen veu do que quixo e bailamos ata cansar.
ENTROIDO NO COLEXIO DO COUTO
Lembrando o Día de Rosalía, queremos que escoitedes un pequeno poema, recitado polas rapazas e rapaces do club de lectura de cuarto.
Lembramos que un ano máis chega o concurso de Agus e os monstruos. Nesta edición debedes crear un ready-made. Podedes debuxalo, fabricalo ou fotografialo. Se precisades máis información consultade nas bases do concurso ou falade coa bibliotecaria do colexio.