Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

SAN MARTIÑO

Saúdos dende o blog de bibliocouto!!

O 11 de novembro festexamos o San Martiño, patrón da cidade de Ourense e día no que facemos os magostos.

Durante esta semana os obradoiros na biblioteca estiveron dedicados á castaña. Os “tres en raia”  e os “encesta castaña” elaborados, contribuíron a darlle protagonismo a este froito.


Este ano queremos que descubrades a Ribeira Sacra, está preto de nós, con abundante patrimonio que amosar e cunha gran biodiversidade.


Unha parte importante desta zona son as súas árbores. Queremos que as coñezades e que medren ao voso carón durante este curso. Nesta ocasión as nenas e nenos de infantil e do primeiro nivel axudaron a transplantar dous castiñeiros. Agora toca coidar deles…!!

Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

O MAGOSTO

O vindeiro 10 de novembro festexaremos no colexio, cun gran magosto, o día de San Martiño. Por suposto que non faltarán as castañas asadas, as risas e os xogos.

En bibliocouto queremos sumarnos a esta festa, propoñendo un concurso de contos; coa temática do outono e con premio para os mellores traballos. Infórmate e participa…!!!

INFORMACIÓN SOBRE O CERTAME LITERARIO

Canto sabes sobre a festa do San Martiño?? Fai este cuestionario e comproba as respostas!!

CUESTIONARIO SOBRE O MAGOSTO

E se prefires ler un conto o de “Xaíme e as landras” seguro che gustará. Que desfrutedes do magosto!!!

CONTO “XAÍME E AS LANDRAS”
Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

EMPEZAMOS

O pasado 25 de outubro empezou a funcionar a biblioteca. Todos os cursos visitaron bibliocouto, saudaron a mascota Coutolin, lembraron as normas e coñeceron o proxecto para este curso escolar “Descubrindo a Ribeira Sacra”.


Como fixemos o curso pasado, este ano seguiremos cos obradoiros no recreo. O desta semana está relacionado co Samaín… sesión Halloween nails!!!


A biblioteca tamén empezou coas sesións de contacontos. Nesta ocasión foron as mellores mestras contacontos do noso colexio as que se encargaron de contar :”Fiz, o coleccionista de medos” e “A bruxa regañadentes“. É un pracer contar con elas, pois as sorpresas e o disfrute están asegurados….graciñas mestras!!!

Deixamos a versión videoconto de “Fiz , o coleccionista de medos” , agardamos que vos guste e que como Fiz, superedes todos os medos. Feliz Samaín!!! Happy Halloween!!!

Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola a todas e todos! Xa estamos de volta e imos festexar o 24 de outubro, día das bibliotecas, cunha visita a bibliocouto. Alí espera Coutolin, a mascota da biblio que tamén está de aniversario.

A nosa biblioteca ofrecerá durante este ano: servizo de préstamo de libros, obradoiros, xuntanzas de clubs de lectura; vai poñer en marcha as mochilas viaxeiras e dará a coñecer o proxecto de centro “Descubrindo a Ribeira Sacra”.

Ao longo do curso desenvolveremos o contido deste proxecto con actividades, obradoiros, charlas, podcast, música, encontros, excursións, vídeos…acompáñanos!!

VÍDEO PRESENTACIÓN DO PROXECTO DESTE CURSO

“Escribir a biblioteca escolar”, este é o lema que bibliotecas escolares de Galicia ten para este curso.

Benvidos un ano máis a este recuncho…o blog da biblioteca!!!