Seguimos celebrando o Día da Poesía. Os protagonistas desta páxina son o alumnado de infantil, 1º B e 2ºB do edificio do Greco.
Este ano a experiencia foi moi especial. Non nos quedamos na aula; este ano fixemos as gravacións no estudio de radio do noso colexio. Entre micrófonos e auriculares, os rapaces e rapazas gravaron os seus poemas, demostrando a gran sensibilidade e arte que teñen.
Estamos moi orgullosos de ver como os nosos alumnos máis novos se comportan ante os micrófonos. Isto é só o comezo!
O alumnado de 4 anos do Greco recitou un poema de Rosalía de Castro que prepararon coa súa mestra Rosa. Grazas a Thiago, fabio, Hugo, Enmanuel, Carla, Gabriela, Vera, Athena, Julieta, Lucas, Valentina, Franny, Mael, Nahiris, Mateo, Vera Salgado, Jonatán e Zoe polo voso poema tan galego e tan noso.

O alumnado de 5 anos do Greco recitou un poema de Manuel María que prepararon coa súa mestra Manoli. Grazas a Mateo, Brais, Marco, Hafsa, Carme, Iago, Xoel, André, David, Angélica, Álex, Roi, Ángela, Anaís e Noa o voso recitado está cheo de tenrura.

O alumnado de 1ºB do Greco recitou o poema “Poemar ao mar” de Antonio García Teijeiro que prepararon coa súa mestra Fina. Grazas a Santiago, Martina, Valery, Álvaro, Martín, Gael, Isaac, Martín e Xoel por cada verso recitado e por abrazar coa vosa voz.

O alumnado de 2ºB do Greco recitou un poema dedicado ao mar que prepararon coa súa mestra Chus. Grazas a Valentina, Sofía, Rafael, Gael, Nour, Stephano, Enrique, Nahomi, Claudia, Cristopher, Kiara, Lia e Nora polo voso traballo e por poñer voz a cada un dos versos recitados.



Grazas as mestras e a todo ou alumnado que preparou esta páxina dedicada á poesía con tanto esmero e cariño. Grazas por compartir sensibilidade, ritmo e musicalidade en cada verso e por darlle vida a cada estrofa.