Seguimos celebrando o Día da Poesía. Os protagonistas son o alumnado de infantil e o alumnado de 1º e 2º de primaria.
Este ano a experiencia foi moi especial. Non nos quedamos na aula; este ano fixemos as gravacións no estudio de radio do noso colexio. Entre micrófonos e auriculares, os rapaces e rapazas gravaron os seus poemas, demostrando a gran sensibilidade e arte que teñen.
Estamos moi orgullosos de ver como os nosos alumnos máis novos se comportan ante os micrófonos. Isto é só o comezo!
O alumnado de 4 anos do Greco recitou un poema de Rosalía de Castro que prepararon coa súa mestra Rosa. Grazas a Thiago, fabio, Hugo, Enmanuel, Carla, Gabriela, Vera, Athena, Julieta, Lucas, Valentina, Franny, Mael, Nahiris, Mateo, Vera Salgado, Jonatán e Zoe polo voso poema tan galego e tan noso.

O alumnado de 5 anos do Greco recitou un poema de Manuel María que prepararon coa súa mestra Manoli. Grazas a Mateo, Brais, Marco, Hafsa, Carme, Iago, Xoel, André, David, Angélica, Álex, Roi, Ángela, Anaís e Noa o voso recitado está cheo de tenrura.

O alumnado de 4 anos de Sas recitou un poema dedicado á primavera que prepararon coa súa mestra Bea. Grazas a Nicolás, Paula, Afnan, Noa, Mencía, Julia, Lorienni, Xián, Xares, Roi, Lúa, Mara, Camila, Mía, Sarela e Zoe o voso poema esta cheo de musicalidade.


O alumnado de 1ºA recitou o poema “Plantemos unha árbore”que prepararon coa súa mestra Inés. Grazas a Xiana, Aritz, Gael, Laia, Lucas, Lucía, Candela, Vega, Alejandro, Samanta, André, Roi, María, Luca, José, Nuno, Izan, Leo e Álex o voso poema soa a amizade, colaboración e sobre todo a: respecto e coidado polas árbores.


O alumnado de 2ºA recitou dous poemas que prepararon coa súa mestra Rosa. Ambos están dedicados ao mar, tema do noso proxecto. Cal vos gusta máis “Din que era raro” ou “La fiesta del mar”?
Grazas a Xoel, Ximena, Alejandro, Alexia, Mateo, Ricardo, Thiago, Antonio, Fátima, Ahmad, Darío, Nazaret,Kilian, Isabelly, Noa, Antía, Adrián e Mario os vosos poemas están cheos de tenrura e sensibilidade.






Grazas as mestras e a todo ou alumnado que preparou esta páxina dedicada á poesía con tanto esmero e cariño. Grazas por compartir sensibilidade, ritmo e musicalidade en cada verso e por darlle vida a cada estrofa.