Febreiro é un mes curto pero moi intenso e antes de que o calendario avance e nos preparemos para celebrar o Día de Rosalía, queremos pechar as conmemoracións de ciencia e radio, deste mes, cun podcast moi especial.
Temos o pracer de conversar coa científica e bióloga mariña Gema Solís Fraile, ela traballa no Museo Nacional de Ciencias Naturais e vainos falar do seu traballo, das súas experiencias e de como se iniciou no mundo da ciencia e investigación. E unha sorte poder conversar con ela e poder achegar ao alumnado a ciencia e o mar a través das ondas da radio.


O alumnado de 6º tivo, días despois, unha reunión virtual coa bióloga mariña Gema Solís. Foi unha sesión moi interesante e amena que serviu como un excelente colofón ao noso mes dedicado ás mulleres e nenas na ciencia.
Estamos moi agradecidos a Gema Solís polo tempo e atención que nos dedicou.

María, Clara, Manuela e Jade alumnas de 6º de primaria presentaron e falaron do traballo de catro mulleres científicas e inventoras. Invitámosvos a participar na táboa de valoración para elixir o voso invento favorito. Despois publicaremos cal foi o invento gañador na biblioteca.

O alumnado de 4ºA, realizou un precioso mural no que todas as alumnas da clase aparecen representadas como científicas. Que vos parece?

Coincidindo co noso mes da ciencia, imos amosar o fantástico traballo realizado polo alumnado de 1º B e relacionado co mar. Sodes uns artistas!!

A SEGUINTE PUBLICACIÓN ESTARÁ DEDICADA A ROSALÍA!