Un ano máis as mochilas viaxeiras xa están listas para comezar a súa viaxe polos vosos fogares.
Que atoparedes na mochila? Por unha banda, libros relacionados co mar e por outro, un caderno de artista. No caderno, atoparedes láminas para deseñar as vosas propias postais mariñas. Podedes empregar a técnica que máis vos guste.
Ao finalizar o curso, organizaremos unha gran exposición de postais do mar con todas as vosas creacións. Por iso, animámosvos a poñerlle moito agarimo e esmero.



A nosa biblioteca é un espazo dinámico. Durante estas semanas, transformouse nun laboratorio científico e nunha sala de concertos.
O pasado 16 de xaneiro o alumnado de 4º participou na actividade “Aqualoxía”, relacionada coa auga e o xoves 22, asistiu a un concerto didáctico de piano. Que sorte!!




Desde hoxe e ata o 4 de febreiro, teremos unha maleta chea de xogos de mesa que estará dispoñible para todo o alumnado no tempo do recreo.
Será unha oportunidade fantástica para compartir momentos divertidos cos compañeiros e compañeiras. Non faltedes!!



Os obradoiros deste mes e os contos do minimundo son moi especiais, todos están relacionados coa celebración do Día da Paz.
Ven facer o teu colgante da paz é sinxelo e moi lucido!


Se o prefires escoita o conto “Os catro amigos”.


Experimentos, música, xogos, obradoiros, contos….A nosa biblioteca non para!!