Neste mes de decembro recuperamos aquelas tradicións que forman parte da nosa identidade.
Un ano máis, poñemos en marcha as nosas campañas benéficas e colaboramos coa recollida de alimentos da “Operación Quilo” e cooperamos coa aula hospitalaria do CHUO facendo felicitacións de Nadal.
Grazas a todos pola vosa colaboración e aportacións, a vosa axuda é fundamental!

Aula hospitalaria do CHUO

“Cóntame un conto polo Nadal” volve sempre por estas datas, unha actividade máxica, na que as familias cruzan as portas da escola para compartir historias e momentos inesquecibles cos seus pequenos.
Grazas a todas as familias, nais e pais que colaboraron nesta actividade, foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….
Grazas por crear comunidade e participar en cada iniciativa.
En breve compartiremos neste blog unha galería de fotos cos mellores momentos desta actividade.