Este ano unimos as nosas voces na beira do mar para desexarvos un BO NADAL!
Con este vídeo musical protagonizado por todo o alumnado e interpretado pola nosa profesora Elisa, desexámosvos un Nadal cheo de emocións compartidas e de moita felicidade!
LEMBRADE QUE VOS AGARDAREMOS EN XANEIRO CON NOVAS ACTIVIDADES E TODA A EMOCIÓN DE SEMPRE!
Neste mes de decembro recuperamos aquelas tradicións que forman parte da nosa identidade.
Un ano máis, poñemos en marcha as nosas campañas benéficas e colaboramos coa recollida de alimentos da “Operación Quilo” e cooperamos coa aula hospitalaria do CHUO facendo felicitacións de Nadal.
Grazas a todos pola vosa colaboración e aportacións, a vosa axuda é fundamental!
Aula hospitalaria do CHUO
“Cóntame un conto polo Nadal” volve sempre por estas datas, unha actividade máxica, na que as familias cruzan as portas da escola para compartir historias e momentos inesquecibles cos seus pequenos.
Grazas a todas as familias, nais e pais que colaboraron nesta actividade, foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….
Grazas por crear comunidade e participar en cada iniciativa.
En breve compartiremos neste blog unha galería de fotos cos mellores momentos desta actividade.
Esta semana, os obradoiros da biblioteca acolleron unha actividade que conecta a arte cos incendios que ocorreron o verán pasado. Coordinada por Jocabed, a iniciativa centrouse na creación dun mural colectivo a partir de cinzas. Foi realizado polo o alumnado de 3ºA e 3ºB.
O mural colocouse na porta de entrada, servindo como homenaxe e testemuño dos lumes deste verán.
Presentamos un novo programa de radio que continúa e amplía o noso proxecto anual dedicado ao mar. Nesta ocasión, zarpamos cara ás Rías Altas para seguir descubrindo e afondando nos segredos da costa galega.
Enma e Martín de 6ºB son as voces que nos guiarán neste novo viaxe polas costa galega.
Enma e Martín de 6ºB
Xa está en marcha o RETO NÚMERO 2 do concurso “Canto sabes do mar”. Nesta ocasión está relacionado coas comidas do Nadal e tedes que saber que rías galegas son as mellores produtoras de marisco, peixe e mexillón.
A solución está no programa de radio dedicado ás Rías Baixas e realizado neste mes de decembro polo alumnado de 5ºA. Busca, investiga e escoita para dar coa resposta axeitada.
Os obradoiros do mes de decembro están dedicados a facer adornos de Nadal con cunchas e limpapipas. Xa fixeches o teu?
Os obradoiros no cole do Greco algúns fixéronse con auga e outros con area de praia. Alumnado de 1ºB. Ben feito!!
Espíritu de equipo en decembro: a mellor maneira de celebrar e avanzar.