O 25 de novembro, os centros educativos conmemoran o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller mediante actividades de sensibilización e educación para a igualdade.
“Mensaxe nunha botella” é unha actividade que vincula o noso proxecto de mar cun compromiso social fundamental: queremos que o océano da igualdade se expanda, levando a nosa mensaxe de respecto, forza e tolerancia a todo o mundo.
Esta é a canción e a letra que versiona a mítica canción de Police “Message in a bottle”. Seguro que sabedes quen canta a nosa…verdade?


A lectura é unha importante ferramenta coa que podemos construír unha sociedade de igualdade e libre de violencia de xénero.
A axenda de desenvolvemento sustentable 2030, propón obxectivos que logren a igualdade de xénero e que reduzan as desigualdades causadas polo xénero, raza, discapacidade ou relixión.

Estas propostas lectoras cumpren con eses obxectivos. Coñeces estes libros? Gustaríache ler algún deles? Podes atopalos todos na biblioteca.
Neste día non podía faltar un conto, este de hoxe titúlase “Maruxa”e relata a historia dunha muller que, farta de facerlle a Pepiño o pan todos os días, decide darlle unha lección e amosarlle que o traballo na casa é cousa de dous. Foi narrado polo alumnado do colexio.
O conto de “Rosa caramelo” trata da importancia de valorar a nenas e nenos por igual, descartando os estereotipos. Escoita a historia e despois pensa se estás de acordo con Margarita, a protagonista do conto…
Cada día é unha oportunidade para tratar a todos con amabilidade e respecto. Sigamos lendo e aprendendo a ser mellores amigos.