O 20 de novembro é o Día Mundial da Infancia.
É un día para lembrar que as nenas e os nenos son a parte máis vulnerable da sociedade, que son moitos os avances conseguidos pero que é preciso seguir traballando polo seu benestar e desenvolvemento.
Descubre os 10 dereitos fundamentais de nenos e nenas.
Cremos que a mellor forma de ensinar e educar é a través dos libros. Aquí vos deixamos algúns para tratar este importante tema dos dereitos da infancia. Todos eles están dispoñibles na biblioteca. Cal cres que che pode gustar?
O club de lectura de 6º está lendo o libro: “ O neno can “, escrito por Fina Casalderrey e Francisco Castro. Ambos autores donaron parte dos beneficios obtidos coa venta do libro a UNICEF.
“O neno can” é un libro de relatos nos que se quixeron tratar asuntos relacionados cos dereitos da infancia, ou máis ben, coa falta de dereitos básicos que unha gran parte dos nenos e nenas do mundo padecen hoxe en día.
Cada relato vai precedido dun artículo da Declaración Universal dos Dereitos do neno e, rematan cunha cita intelectual que lle da sentido a cada relato.
Este libro traballa algúns dos obxectivos da axenda do 2030 de desenvolvemento sustentable.



Seguimos cos obradoiros dedicados á CIENCIA: experimentos, libros, microscopios, imaxes en 3D….cal é o teu favorito?

O compromiso cos dereitos da infancia é diario. Sigamos traballando pola infancia hoxe e sempre.