Saúdos dende a biblioteca virtual!
Empezamos decembro con actividades, programas de radio e novos retos cos que aprenderás e desfrutarás.
No programa de radio deste mes exploraremos as Rías Baixas. Sira, Ángela, María e Mateo de 5ºA desvelarán curiosidades e novos datos da Ría de Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo. Escoitade con atención porque a solución ao novo reto de decembro pode estar neste programa de radio.

Xa temos os gañadores do reto “Canto sabes do mar” de novembro. Parabéns aos campións!
6ºA: Guido, Candela, Leire, Álex, Uxía, Antón, Yodenny, Lara, Clara.6ºB: Tomé, Enma, María, Jade, Manuela. 5ºA: Ángela, Álex Cid, Michelle. 5ºB: Pablo.
Novembro foi un mes dedicado á ciencia e a nosa biblioteca escolar transformouse nun auténtico laboratorio de exploración.
Foi un pracer ver este espazo convertido nun lugar para: realizar experimentos, observar o micromundo a través dun microscopio, explorar imaxes en 3D e mergullarse na lectura de libros de ciencia.
A acollida de todas as actividades foi magnífica. Só podemos expresar a nosa gratitude polo voso alto nivel de participación.


No edificio do Greco, os máis pequenos tamén fan experimentos.


Grazas polo voso alto nivel de participación nas actividades propostas.




















