Saúdos dende o blog da biblioteca virtual!
Este é o cuarto ano que participamos no SuperTmatik, un proxecto a nivel internacional que se leva a cabo anualmente e que combina a estimulación mental coa diversión.
Concursamos nas modalidades de vocabulario inglés e na de cálculo mental.
Na modalidade de vocabulario inglés participaron un total de 22 alumnas e alumnos de 4º de Primaria quedando catro no TOP 10 : Nico Pineda, Cristian Rey, Brais Cid e Alex Calvó. O resto acadou igualmente resultados moi satisfactorios.
Na modalidade de cálculo mental participaron 4 alumnos de 4º de Primaria quedando Mateo Poti en 5º lugar dun total de 54.000 participantes.
Parabéns a todos sodes uns campións!

No último obradoiro do curso, faremos unhas fadas de biblioteca coas que poderás adornar os teus libros e os rincóns de lectura. Será un obradoiro máxico co que remataremos o proxecto deste curso! Ven a facer a túa fada!

NA PRÓXIMA ENTRADA SAIRÁN AS EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO