Saúdos dende a biblioteca virtual.
O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, este ano está dedicado a homenaxear as cantareiras pois elas preservaron a lingua galega por medio das súas cantigas, e crearon unha poesía popular transmitida de nais a fillas, de avoas a netas, e entre a veciñanza toda.
Para as representaren foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeiras (Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).
Mirade este vídeo feito polo alumnado do Colexio San Pío X, de Ourense, amosa a biografía destas mulleres.
Imos coñecelas un pouco mellor. Esta é EVA CASTIÑEIRA


Estas son ADOLFINA E ROSA CASAS
Estas son as pandeireteiras de Mens: PRUDENCIA, ASUNCIÓN GARRIDO E MANUELA LEMA
Se queredes poñer a proba o voso coñecemento sobre estas cantareiras, estes dous genially serán todo un reto…atrévete con eles!!
Nos obradoiros desta semana faremos pandeiretas marcapáxinas e por suposto unhas cantareiras monicreques. Tamén haberá novos libros sobre o Día das Letras Galegas. Ven a biblioteca !!

QUE TEÑADES UN FELIZ DÍA DA CULTURA DE GALICIA E DA LINGUA GALEGA



