Saúdos dende a biblioteca virtual!
A semana pasada seguimos celebrando as letras galegas cos contacontos do alumnado de 6º e co encontro literario con Alba De Evan, autora do libro “Varetai, protectora de espíritos”
Os contacontos deste ano foron especiais pois utilizaron títeres realizados polo alumnado de 5º e 6º de primaria na clase de Plástica en inglés. Para facelos empregaron diferentes materiais: cartón, goma espuma, tecido e fieltro. O resultado foi moi satisfactorio para todos.














Grazas ao alumnado de 6º que un ano máis fixo posible esta actividade.
O luns 19 de maio visitounos a escritora Alba De Evan. Ela é autora de varios libros lidos na escola como: “Os segredos soterrados”, “Maxia de pedra” e por suposto da colección de Naturizo, que tanto gusta. Nesta ocasión veu comentar o libro “Varetai. Protectora de espíritos”.
Grazas Alba, é un pracer escoitarte e desfrutar destes encontros que nos achegan aos libros e á lectura!


As Letras Galegas deste ano están dedicadas ás cantareiras. Nos obradoiros da biblioteca tivemos ocasión de facer pandeiretas. Fixeches a túa? Aínda estás a tempo.


TÍTERES PARA CONTOS E PARA O PROXECTO DESTE CURSO























