Saúdos dende o blog da biblioteca virtual!
O 23 de abril celebramos o Día do Libro, unha data especial para homenaxear a escritores e ilustradores, para lembrar historias que nos inspiran, ensinan e nos acompañan ao longo da nosa vida.
Durante todo o mes estamos a desenvolver actividades de animación á lectura. En breve haberá a actividade de contacontos realizada polo alumnado de 6º, tamén animación á lectura con Sabela Gago e Anxo Moure e o encontro co escritor Fran Alonso e coa escritora Alba de Evan. Desexamos que todo o programado vos guste!!

Para celebrar esta data propoñemos unha serie de curtas onde o libro é o protagonista pricipal. Oito curtas para oito días de abril...
Para o tempo de lectura, algún poema dedicado ao libro. Estes son unha suxestión, vós podedes buscar outros ou tamén crealos…




QUE CADA LIBRO QUE ATOPES ABRA UNHA PORTA A UN MUNDO CHEO DE EMOCIÓNS, IDEAS E AVENTURAS! FELIZ DÍA DO LIBRO!