Saúdos dende o blog da biblioteca virtual!
Abril é o mes do libro por excelencia e que mellor maneira de celebralo que escoitando contos.
Os días 2, 3 e 4 de abril, os alumnos e alumnas do CIFP Portovello visitaron a biblioteca do colexio para contar historias e contos ao alumnado de infantil e primeiro nivel.
Contos, cancións, animacións, obradoiros de pintura e mesmo un barco pirata para que os máis cativos desfrutaran da maxia dos contos.
Grazas por achegarnos as historias de: “Daniela , a pirata”, “A colleita de ratiño”, “O meu corpo”,“Frederick”, “Monstruo Marelo”, “Marcelina na cociña”, “Leotolda”, “Pica-rasca”, “Isto non é unha selva” e “ A súa propia cor”.
Esperamos os vosos contos sempre que os queirades compartir con nós. A vosa visita sempre será benvida.











Grazas polo material elaborado!








ABRIL MES DO LIBRO…SEGUIMOS CON ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA!