Benvidos ao blog da biblioteca virtual!
A primeira Feira Educativa tivo lugar estes día en Expourense, os días 2 e 3 de abril, e alí estivo unha representación do alumnado de colexio, amosando proxectos innovadores que facemos na biblioteca.
Eles foron os encargados de ensinar e explicar: os circuítos eléctricos, varios experimentos, xogos de programación robótica, traballos con código QR, lapis 3D, chapas co logo do colexio e do proxecto deste curso, traballos feitos coa cortadora láser e coa impresora 3D e tamén deron a coñecer as científicas e inventoras que traballamos este ano polo día da muller e a nena na ciencia.
Velaquí as fotos.









GRAZAS A TODOS …SODES ESTUPENDOS!