Saúdos dende a biblioteca virtual.
Chegou a primavera e chegou o Día Mundial da Poesía. Cada 21 de marzo celebramos este día con recitados de poemas que facemos na biblioteca e nos cursos de infantil e primeiro ciclo.
Con este fermoso poema de Antonio García Teijeiro saudamos á primavera.

Na radio escolar aproveitamos a ocasión para entrevistar a Anyeli. Ela é unha estudante do IES O Couto que escribe poesía e colabora ocasionalmente co club de lectura.
As preguntas e a entrevista foi realizada por membros do club de lectura de 6º que estiveron encantados de compartir tempo dedicado á poesía e de coñecela un pouco mellor.
Gracias Anyeli por compartir a túa poesía, por colaborar con nós e por vir sempre que cho pedimos.

Realizan a entrevista Sabela de 6ºA e Carlota de 6ºB, Club de lectura de 6º.
SEGUIMOS FESTEXANDO O DÍA DA POESÍA