Saúdos dende o blog da biblioteca!
O 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía, en Europa este día é coñecido como Primavera dos Poetas.
A poesía é moi importante nas nosas vidas, coa poesía expresamos pensamentos, sentimentos e emocións igual que expresamos coa música, a danza, a pintura e o teatro.
Esta semana polo día da Poesía, tivemos unha actuación musical de dúas profes en prácticas: Carmen ao violoncello e Cristina ao piano. As pezas que interpretaron foron “A Siciliana” de Maria Theresia Von Paradis e “Libertango” de Astor Piazzolla.
Compartimos o vídeo das súas actuacións e agradecemos o esforzo e dedicación, foi un pracer desfrutar da vosa arte.



Festexamos o Día da poesía con libros da mochila viaxeira e co alumnado de 2ºA e 2ºB, nesta ocasión. Cada nena e cada neno escolle unha rima, escríbea, apréndea e recita en voz alta.
Escoitamos neste audio as rimas seleccionadas. Bo traballo!

Rimas recitadas 2ºA: Ibai, Dani, Ézaro, Andrea, Nazaret, Ashley, Martina, Marcel, Saúl, Mohamed e Xan.


Rimas recitadas 2ºB : Lope, Victoria, Gael Cid, Gael Touza, Iria, Brais e André.

SEGUIMOS FESTEXANDO A POESÍA