Saúdos dende o blog da biblioteca.
Esta semana o alumnado de 2ºB comparte con todos, traballos e actividades que amosan o grandes artistas que son. Seguindo o proxecto deste ano, achéganse o mundo do teatro con representacións que eles mesmos crean, e que todos podemos ver neste vídeo.
No espazo creativo da biblioteca, eles son os auténticos inventores e inventoras. Desfrutan do espazo, dos compañeiros, das creacións e dos recursos que a sala ofrece. Canta imaxinación!

Esta semana celebraremos o Día da poesía con libros da mochila viaxeira. Cada nena e neno escollerá unha rima que logo terá que aprender e recitar en voz alta. Prepararemos uns fermosos audios que escoitaremos o 20 de marzo.
Estas foron as rimas seleccionadas que escoitaremos recitar próximamente. Moi bo criterio!

Grazas nenas e nenos de 2ºB pola voso traballo, implicación e por compartir con todos, os vosos momentos. Grazas!


O XOVES 20 DE MARZO CELEBRAREMOS O DÍA DA POESÍA