O 8 de marzo é o Día da muller. Nesta data lembramos todos os logros acadados polas mulleres, buscando a igualdade de dereitos, oportunidades e liberdades.
A muller representa enerxía, valor, determinación e creatividade. Xuntos debemos construír unha sociedade xusta e igualitaria.
Este Genially que vos presentamos quere dar a coñecer grandes mulleres de todos os tempos, que tamén foron inventoras, pintoras, escritoras, científicas, pacifistas, deportistas…todas foron grandes mulleres e merecen ser coñecidas.
Podedes saber máis sobre elas na exposición de mulleres científicas e inventoras que hai na biblioteca.

O minimundo deste mes preséntanos un coñecido conto ” A ratiña presumida” pero agora cunha nova versión. Escoita este audio para lembrar a historia e tamén para ver se es capaz de recoñecer ás persoas que dan voz aos diferentes personaxes do conto. Ven a biblioteca e fai ti unha nova versión desta historia.


Nestas curtas e libros que vos propoñemos, atoparedes a unhas protagonistas: fortes, valentes, libres e seguras de si mesmas.
FELIZ DÍA DA MULLER