O pasado 13 de febreiro foi o Día Internacional da Radio.
A radio é un importante medio de comunicación onde a voz é imprescindible. O novo espazo da biblioteca ten un lugar preferente para a radio, dende aquí as vosas gravacións poden chegar a toda a comunidade educativa. Entrevistas, recitados de poemas, contos, saúdos, dedicacións especiais…todo o facemos dende a radio e cada vez mellor.
Por todo isto, decidimos convidar ao noso colexio a Vidal López. El é un gran comunicador, leva tempo facendo radio, vive no barrio do Couto e a súa voz é inconfundible. A charla foi moi amena, tivemos oportunidade de escoitalo, de facerlle preguntas, de ser reporteiros e de aprender moitas cousas. Grazas Vidal por contaxiar a túa paixón pola radio!
Este foi o saúdo que nos dedicou dende cadena 100!!!


Esta é a entrevista que lle fixemos a Vidal. Foi un pracer poder escoitalo e desfrutar da súa compaña no novo espazo da radio escolar. Grazas Emma e Antón pola vosa entrevista….xenial!!


Estas son entrevistas que fixemos neste día dedicado á radio. Nunha entrevistamos as mestras do colexio sobre o mundo da radio e os tipos de programas que máis lles gustan …escoitádeas!!

Nesta outra entrevista preguntamos aos compañeiros e compañeiras sobre a exposición de científicas e inventoras que neste mes hai na biblioteca…escoitádeos tamén!!

Grazas a todas e todos pola vosa colaboración e excelente traballo!!