Saúdos dende bibliocouto!
O pasado venres o equipo de convivencia fixo unha actuación con mimos polo día da Paz. Lembráronnos con xestos a importancia de facer do mundo unha sociedade mellor, de loitar contra as inxustizas, de ser inclusivos, de non discriminar e de ser a voz daqueles que non a teñen.
A representación mostrou situacións cotiás onde as persoas poden convivir en perfecta harmonía superando as diferenzas.
Grazas profes por estes momentos tan especiais e por achegarnos ao mundo dos mimos!
Aquí vos deixamos un pouquiño desa actuación en vídeo.


Xa circulan as mochilas viaxeiras con libros relacionados co proxecto “Mamá, quero ser artista”. Cada mochila leva un caderno onde haberá que seleccionar rimas, adiviñas, chistes ou curiosidades segundo o curso. Coas vosas seleccións faremos programas de radio e algunhas actuacións.
En infantil haberá que decorar a lámina do protagonista do conto como máis vos guste, utilizando o material que queirades. Ao final do curso os traballos formarán parte dunha exposición que amosará o grandes artistas que podedes ser.
Este é un anticipo dos grandes traballiños que estades a facer….grazas familias pola vosa colaboración e implicación!

As obras de teatro non poden faltar no proxecto deste ano e así o pasado xoves o alumnado de 1º e de 2º foi ver ao auditorio unha obra de teatro en inglés. Titulábase “Hansel and Gretel” e desfrutaron un montón. O que máis gustou foron as cancións que non dubidaron en cantar e bailar.

Este mes o concurso do “Teatro Misterioso” proponnos adiviñar vocabulario do teatro. Investiga e escribe a solución, non esquezas poñer os teus datos. Lembra que os acertantes sempre teñen premio.


A próxima semana estará dedicada ao “Día da muller e a nena na ciencia”