Rosalía de Castro, muller importante para o galego, para as galegas e galegos. Adiantada a súa época, soubo transmitir forza, amor, tenrura e dor dende a palabra. Deixounos un legado poético que debemos coñecer e valorar.
Hoxe 23 de febreiro de 2025, conmemórase o 188 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (23 febreiro de 1837- 15 xullo de 1885) e queremos celebralo lembrando a súa vida, recitando e escoitando os seus poemas.
OS BOLECHAS lembran a Rosalía de Castro.
MÚSICA: Os lunnis de lenda cántanlle unha canción a Rosalía.
CASA: Padrón foi a localidade onde Rosalía viviu os últimos anos da súa vida, na casa da Matanza. Hoxe en día é un museo dedicado a ela. Se queres facer un percorrido pola súa casa, mira este vídeo e escoita o poema de “Adiós Ríos, Adiós Fontes” .
POEMAS DE ROSALÍA. Os xogadores do Celta recitan un poema de Rosalía.
CURIOSIDADES: Mira e escoita estas cinco cousas que seguro non sabías de Rosalía de Castro.
ROSALÍA EN OURENSE: Rosalía está moi presente na cidade de Ourense e no mundo enteiro. Na nosa cidade hai unha rúa que se chama Rosalía de Castro, tamén hai unha biblioteca que leva o seu nome e por suposto unha ESTRELA.

ROSALIA SEMPRE NA NOSA MEMORIA….INESQUECIBLE ROSALÍA!!










