O pasado luns visitou o club lectura unha alumna do IES O Couto, chámase Anyely e escribe fermosos poemas de loita, inxustiza, amizade e amor.
Nesta semana dedicada á paz o seu poema “Tierra de sueños rotos” soa con forza e busca coas palabras, a rima e os versos a ansiada paz no mundo. A poesía que podedes escoitar neste audio está escrita por Anyely e músicada pola profe Olalla.

O proxecto deste ano está dedicado ao mundo da interpretación. Nesta ocasión, alumnas de 4º de primaria contan un conto no Kashibai titulado “O paxaro Puhuy”. Esta historia conta o motivo polo que este paxaro ten unha pluma tan especial pero tamén fainos reflexionar sobre a importancia de ser xenerosos e non egoístas.
Grazas Alexandra, Ana, Vera e Ximena…sodes unhas grandes contadoras de contos.

Os obradoiros deste mes de xaneiro estiveron dedicados a facer actividades STEAM coa goma Eva e cos lapis 3D.

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Xosé Vizoso, un dos artístas gráficos máis importantes e prolíficos da Galicia recente.
Nos últimos anos as figuras homenaxeadas foron:
2025: Xosé Vizoso
2024: Xesús “Chichi” Campos
2023: María Antonia Dans
2022: Reimundo Patiño
2021: Lolita Díaz Baliño
2020: Cándido Fernández Mazas
2019: Federico Ribas
2018: Camilo Díaz Baliño
2017: Álvaro Cebreiro

No club de lectura falamos de paz con poesía. Lemos uns KAIKUS: un tipo de poesía xaponesa formada por 3 versos de 5,7 e 5 sílabas respectivamente. Normalmente a temática dos kaikus é sobre a natureza, os que se recitaron no club foron sobre a paz. Tamén aproveitamos para facer entrega dos novos libros que imos ler no club de lectura.

Que poñades moita paz na vosa vida!!