O 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz, celebraremos que o mundo pode ir mellor se hai comprensión, respecto e tolerancia.
A paz non é algo que se desexa, é algo que se constrúe empregando: un sorriso, unha mirada, unhas verbas, unhas apertas… e diso todas e todos temos dabondo. Empecemos a construír a paz!!
O 30 de xaneiro conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Líder pacifista que naceu na India o 2 de outubro de 1869 e foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948 ós 78 anos.
Gandhi defendeu e promoveu a paz e a non violencia, súas son estas verbas: “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”.
Foron moitos os que seguiron e imitaron esta forma de actuar, neste genially poderás coñecelos.
Se queres saber algo máis sobre eles só tes que coller un código QR no colexio, levalo para a casa e escanealo dende un teléfono móbil. Proba…é moi sinxelo!!!
Para o tempo lector propoñemos contos e curtas que tratan da amizade, igualdade, axuda, tolerancia, responsabilidade…Desexamos que vos gusten e vos fagan pensar!!!
Os libros non poden faltar nesta data, os que vos amosamos pódense ler e ver na biblioteca do colexio, tamén se poden levar á clase para ler no tempo lector. Se tes algunha dúbida ou precisas axuda, consulta coas bibliotecarias.
Que teñades moita paz cos vosos amigos, coas vosas familias… e na vosa vida!!