Saúdos dende bibliocouto.
As mochilas viaxeiras xa están circulando con libros e cadernos relacionados co proxecto “Mamá, quero ser artista”. En infantil traballaremos os contos de Olga de Dios, no primeiro ciclo as rimas, no segundo os chistes e no terceiro as curiosidades do mundo.
Vós teredes que seleccionar a rima, chiste ou curiosidade que máis vos gustou e anotala no caderno da mochila. Realizaremos programas de radio coas vosas seleccións e o final de curso unha mostra do traballo realizado. Ánimo que imos camiño de ser grandes artistas!

O pasado 21 de xaneiro foi o Día Internacional das Apertas, por este motivo queremos que lembredes un graffiti feito por Keith Haring e titulado “O abrazo”. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º do curso pasado tivo oportunidade de afondar na biografía e obras deste artista e activista neoiorquino. Todos fixeron o seu Keith Haring particular que hoxe decora parte dos corredores do colexio.

O concurso do teatro misterioso ten unha nova proposta, busca a información que se pide, escribe a resposta e participa. Sempre hai premio para quen acerte!
Estes compañeiros e compañeiras foron os acertantes de novembro e decembro. Que agudiños foron!!


Esta é unha parte dos libros que se mercaron a partir das vosas suxestións. A maior parte xa está colocada nos andeis da biblioteca, agardamos que desfrutedes da lectura e nos esquezades seguir facendo suxestións de libros… escoitarémosvos!!



A próxima entrada estará dedicada ao Día da Paz.