Saúdos dende bibliocouto! O 31 de outubro celebramos Halloween no noso colexio. Fixemos moitas actividades: exposición de casas do terror, cabazas decoradas, disfrazámonos e, por suposto, limos moitos libros terroríficos.
Con tal motivo algúns compañeiros/as de 6ºB convertéronse en auténticos youtubers de libros ou booktubers, e compartiron recomendacións lectoras. No blog da Biblioteca iremos subindo un par de reviews por semana. Anímate e le algún dos libros recomendados!!
Nesta semana, veremos a recomendación de Aldara e Sebastián.
Tamén houbo unha proposta de lecturas que estaban de medo. Había que escoller coas compañeiras e compañeiros a lectura que máis vos gustase, coller o libro no expositor da biblioteca e pasar moito medo lendo as historias xuntos.
Este ano o proxecto de centro achéganos ao mundo do teatro. As casas do terror e as cabazas eran mini teatros onde non faltaban personaxes. Estas fotos amosan parte desa exposición chea de enxeño e orixinalidade. Grazas a todas /os pola vosa colaboración e bo traballo.





Vémonos na biblioteca no mes dedicado á ciencia.