Por fin vacacións!! Despois de tantos meses de traballo, chegou o tempo de lecer e… nada mellor para o verán que levar un gran libro na man.
Aquí vos deixamos algunhas propostas de lecturas para as vacacións. Aproveitade para ser moi felices e pasádeo ben coa familia e os amigos.
Vémonos en setembro!
O proxecto deste ano tiña como obxectivo achegar o mundo da pintura ao alumnado. Os obradoiros, charlas, exposicións, programas de radio, música, encontros con pintores, conferencias, murais, excursións e vídeos aportaron coñecemento e enriqueceron este proxecto artístico.
Os traballos e as actividades feitas ao longo do curso deron como resultado unha exposición que as familias poden visitar nesta semana.
Agradecemos a toda a Comunidade Educativa o seu apoio ás actividades propostas pola biblioteca escolar, e agradecemos tamén a colaboración de todas aquelas persoas que aportaron desinteresadamente recursos para enriquecer este proxecto. Grazas!
Felices vacacións e bo verán…vémonos en setembro!
